Xa basta de enganos

Para todos

O BNG de Pontecesures ao respecto da instalación da rede wifi municipal quere manifestar o seguinte :

Como supoñíamos e denunciamos en diferentes ocasións (nos plenos e medios de comunicación) a rede wifi aínda non està operativa, a pesares de que o concelleiro do partido popular Rafael Randulfe, (así tamén o fixo o tránsfuga Sabariz), prometeu ata a saciedade que ía estar en funcionamento a finais do ano 2008.

Así nos invadían nos medios de comunicación en febrero de 2008 ?? Pontecesures contará con wifi gratuito en todo su territorio. El sistema llegará a todos los núcleos a través de 14 antenas conectadas a un ordenador situado?? En noviembre dese mesmo ano o desgoberno municipal emitía un novo comunicado ao pobo a través da prensa escrita con expresións como: ??Pontecesures tendrá su red inalámbrica de comunicación antes de que expire 2008, a pesar de que se ha ido encontrando con diversas dificultades en el proceso de instalación?. Pero de rede wifi nada de nada.

En marzo de 2008 o tránsfuga, a través dos medios afirma que ??Pontecesures contará con rede wifi en el plazo de un mes logo de asinar o contrato coa empresa o 25 de marzo? . O mesmo anuncio se fai en agosto e a mesma información se da no pleno de setembro, que en mes, mes e medio, estará a rede operativa en todo o término municipal. Mentira tras mentira como o demostra a realidade.

Unha vez mais Rafael Randulfe engana aos veciños/as de Pontecesures . As súas mentiras e artimañas xa non collen por sorpresa a ninguén . Recordemos que xurou non dar na pasada investidura a alcaldia a Maribel Castro e chegado o día do pleno non tivo escrúpulos en apoiar a Sra Castro colocando de alcaldesa ao candidato menos votado .

A pesares disto o mais grave, como sospeitamos , é que tan só se colocaron tres antenas da citada rede , ubicándose as mesmas nas rúas centrais do noso pobo, esto implica, como denunciamos en moitos plenos, que a rede wifi só abarcará unha mínima parte do municipio quedando moitos veciños sen cobertura.

Este desgoberno segue a menospreciar aos cidadáns de Cesures e clasificaos en dúas categorias: os de primeira e os de segunda. Queremos recordarlle ao goberno municipal que todos os cidadáns pagan impostos por igual e polo tanto teñen os mesmos dereitos . Este trato desigual xa ocurreu cos fondos estatais que foron invertidos por completo nas rúas centrais .

O BNG esíxelle á alcaldesa Maribel Castro que deixe de enganar constantemente ao pobo, que a rede sexa realidade dunha vez por todas (a empresa incumpríu todos os prazos establecidos no contrato que fixo co concello e este mira para outro lado) e sobre todo que o servicio de internet wifi chegue a todos/as veciños/as do noso pobo e que non continue menospreciando a maior parte da poboación recordándolle ademais que é alcaldesa de todos/as por igual.

Grupo Municipal do BNG
Nota íntegra enviada aos medios

El BNG de Pontecesures cree que la red wifi discrimina a gran parte de los vecinos y acusa al tripartito de “mentir”.

El BNG de Pontecesures sostiene que el teniente de alcalde y portavoz del PP, Rafael Randulfe, “enganou aos veciños”, en relación a la instalación de la red wifi en el municipio, ya que esta “aínda non está operativa” a pesar de que “prometeu ata a saciedade que ía estar en funcionamento a finais do ano 2008”.
Aunque lo “máis grave” para los nacionalistas es que, “como sospeitábamos, só sse colocaron tres antenas nesta rede, ubicándose as mesmas nas rúas centrais do pobo”, lo qu implica para la oposición que “o wifi só abarcará unha mínima parte do municipio, quedando moitos veciños sen cobertura”. El grupo municipal do BNG acusa al tripartito de “menospreciar aos cidadáns, clasificándoos en dúas categorías: os de primeira e os de segunda”. Le recuerdan a la alcaldesa y a su gobierno que “todos os veciños pagan impostos por igual e, polo tanto, teñen os mesmos dereitos”. Reclaman a la regidora, Maribel Castro, que “deixe de enganar ao pobo, que a rede sexa unha realidade dunha vez por todas e, sobre todo, que o servizo de wifi chegue a todos os veciños”.

DIARIO DE AROUSA, 25/10/09

Baixada de pantalóns colectiva

porto

O BNG de Pontecesures quere manifestar, en relación coas declaracións feitas polo presidente de Portos de Galicia a respecto do proxecto de remodelación da zona portuaria que foi aprobada en pleno por toda a corporación municipal, o seguinte:

1.Sorprende que un proxecto de case 4 millóns de euros, que fora solicitado polo anterior goberno municipal encabezado polo BNG, se diga que non satisface aos veciños de Pontecesures. Non entendemos porque, como xa está sendo habitual co PP, todo proxecto elaborado e presentado polo goberno bipartito da Xunta de Galicia é botado abaixo, argumentando neste caso, de forma insultante que se trata dun proxecto malo.

2.Criticar ao goberno municipal actual de Pontecesures que non fagan todas as xestións necesarias para que este proxecto non sexa derrubado, e en cambio se contenten cun lavado de cara que pretende facer Portos de Galicia na zona do peirao de cara ao Xacobeo do próximo ano. Lavado que para nada ten que ver co proxecto inicial, quedando só algunhas actuacións simples que non poñen en valor a recuperación do peirao como zona de lecer.

O goberno municipal, inexplicablemente, encarta as orellas e non esixe que se cumpra o que foi elaborado polo anterior goberno da Xunta e que foi aprobado en pleno por todos os grupos municipais que configuran hoxe a corporación municipal, pleno celebrado en xaneiro de 2008.

Naquel intre dende o tripartito se valorou moi positivamente o anteproxecto presentado por Portos de Galicia, en ningún momento lle pareceu ??malo? aprobando así un convenio con Portos de Galicia para a execución e mantemento das obras de remodelación da zona portuaria e solicintado, xunto co BNG, que no proxecto definitivo se incluísen algunhas melloras, de pouco custe económico pero necesarias.

Responsabilizamos directamente á alcaldesa Maribel Castro desta baixada de pantalóns colectiva, non defendendo os intereses dos veciños e nen sequera defender un proxecto aprobado por ela mesma. Ante esto, o BNG pregúntase, ¿para que cobra o salario pagado por todos esta señora?

O BNG esixe que o goberno de Pontecesures loite para que non se lle tome o pelo aos veciños e veciñas do noso pobo, como realmente está a suceder coa perda desta importante inversión de case 4 millóns de euros.

Grupo Municipal BNG Pontecesures

Nota íntegra enviada aos medios<img

O BNG de Pontecesures non comparece para comprobar as facturas das Festas do Carme 2009.

Con data 19/10/09 o BNG de Pontecesures, mediante escrito asinado pola concelleira e representante local nacionalista, Cecilia Tarela Barreiro, solicitou as facturas detalladas e as contas detalladas das Festas do Carme 2009.
Con data 20/10/09 envíóuselle a Cecilia Tarela un documento resumo cos ingresos e gastos e comunicóuselle que as facturas quedaban á súa disposición na Casa do Concello ata a súa consulta, os días 21, 22 e 23 de outubro, de 9 a 14 horas.
Para iso, preparouse polo personal un expediente con todas as facturas obtidas da contabilidade municipal e tamén cos apuntes bancarios dos ingresos.
Pois ben; transcorrido o prazo concedido non se presentou representante nacionalista algún para realizar a comprobación dos documentos soporte dos ingresos e dos gastos das festas. En consecuencia, os documentos pasan o arquivo.

El BNG de Cesures pide las “contas detalladas” del Servizo de Obras del Concello.

El BNG de Pontecesures, a través de un escrito presentado ayer en el concello por la concejala y responsable local nacionalista, Cecilia Tarela Bareiro, solicitó “as contas, facturas e albaráns detallados” del Servizo de Obras del concello correspondientes a la compra de material, combustible y maquinaria, dentro de los últimos seis meses.
El concejal del gobierno local Luis Sabariz afirmó que, “por suposto”, se pondrán a disposición de la edil nacionalista “nos vindeiros días” toda la documentación relativa a la petición, con los documentos de la contabilidad municipal.
Se da la circunstancia de que el portavoz del grupo municipal del BNG y ex alcalde, Luis Álvarez Angueira, está pendiente de juicio por un presunto delito de malversación de caudales públicos relacionado con el desorbitado consumo de gasoil del Patrol de obras entre 2003 y 2006. Junto a él también está imputado el actual jefe del Servizo, Xurxo Gerpe Jamardo.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 23/10/09

Nova petición de contas do BNG de Pontecesures. Agora pide as do Servizo de Obras do Concello.

No día de onte, e mediante escrito asinado pola concelleira e responsable local do BNG de Pontecesures, Cecilia Tarela Barreiro, solicitou as “contas detalladas e facturas e albaráns detallados do servizo de obras do Concello de Pontecesures correspondentes á compra de material, combustible e aluguer de maquinaria, dentro dos últimos seis meses”.

Por suposto nos vindeiros dias se vai a poñer a disposición da concelleira nacionalista toda a documentación relativa á petición, cos documentos da contabilidade municipal.

Póñense a disposición do BNG de Pontecesures as contas das Festas do Carme 2009

Logo de solicitarse onte por escrito, no día de hoxe se lle enviou dende o Concello a Cecilia Tarela Barreiro un documento resumo das contas de ditas festas.
No documento reflíctese que os ingresos foron de 25.041,90 euros (22.041,90 achegados por particulares e establecementos, e 3.000 de subvención da Deputación de Pontevedra) e os gastos de 40.487,55 euros (detállase o custo do alumeado, orquestras, banda, inchables, fogo, etc… cos datos da facturas).
Se lle comunicou á responsable local do BNG, que ten á súa disposición na Casa do Concello todos os documentos soporte dos ingresos e dos gastos para súa comprobación, os días 21, 22 e 23 de octubro, de 9:00 a 14:00 horas.

O BNG de Pontecesures solicita as contas das Festas do Carme 2009.

Mediante escrito presentado no día de hoxe pola concelleira e responsable local do BNG, Cecilia Tarela Barreiro, solicítanse as facturas detalladas e as contas detalladas das Festas do Carma 2009.
Lémbrase que o concelleiro de cultura, Jesús María Rey Beiró, xa indicou as cifras totais de gastos e ingresos no pleno ordinario de 28/09/09. Asi mesmo, manifestou que tódolos datos estaban a disposición dos membros da corporación.
Posiblemente mañá mesmo se lle contestará a Cecilia que ten á súa disposición, na Casa do Concello, a conta detallada de ingresos e gastos, así como os documentos soporte dos mesmos.