O Concello de Pontecesures celebrou onte unha sesión plenaria extraordinaria na que se deu o visto bo a tres proxectos, nos tres casos cos votos favorables de PP e PSOE e a abstención do BNG. En primeiro lugar, a corporación aprobou solicitar a declaración da Festa da Lamprea como como festa de interese turístico de Galicia.
O pleno tamén deu o visto bo ao convenio de colaboración entre o concello e Nestlé para acometer a modificación puntual nº 1 do PXOM toda vez que o convenio xa superou a súa fase de exposición pública. O alcalde xustificou a celebración da sesión extraordinaria nos compromisos de Nestlé para facer a modificación orientada a ampliar a factoría.
Encabeza unha lista completamente renovada que pretende «devolver a ilusión» á veciñanza ante o «agotamento» do goberno de Bello Maneiro
No ano 2015, o BNG desapareceu da vida política de Valga. A agrupación local do Bloque quedara tocada por unha serie de problemas internos e, cando aínda non tivera tempo de se recuperar, a crise que ameazou con esnaquizar á formación acabou desencantando a moitos militantes, que no caso de Valga decidiron marchar para as súas casas. Un daqueles militantes foi Fran Devesa, que durante todo este tempo seguiu sendo militante do BNG, malia que non puidera exercer como tal na súa vila. Ata hai aproximadamente un ano, cando «apareceu un grupo de xente nova» e con gañas de reactivar a agrupación. Daquel primeiro movemento ven de nacer a que será a candidatura coa que o BNG se presentará ás eleccións de maio en Valga. Á fronte estará Fran Devesa, empresario do sector do turismo e veciño da parroquia de San Miguel.
Explica Devesa que se aceptou asumir este reto e embarcarse nesta aventura foi porque ten a certeza de que non está so: segundo afirma, o Bloque foi quen de artellar unha candidatura formada por xente chea de ideas, de ilusión e de gañas de traballar. «É unha candidatura moi renovada, temos moitísima xente nova», sinala. A lista non está cerrada completamente, e a intención é incorporar á mesma «a referentes do BNG en Valga», simbolizando dese xeito o renacemento na vila do proxecto nacionalista.
A hora de debullar o programa electoral do BNG de Valga está por chegar. De momento, Fran Devesa explica que no Concello hai máis traballo por facer que nunca. «Estes últimos mandatos do actual goberno [presidido por Bello Maneiro (PP)] están a ser un desastre. Non hai proxecto, non hai ideas e non hai ganas, o que se pode comprobar botándolle un ollo a como está todo. Valga está abandonada». Conseguir ilusionar á veciñanza desta localidade con ideas e iniciativas é o reto que se ten marcado o BNG, unha formación que parece ter logrado recompoñerse nesta vila e que arrinca «con humildade» pero disposta a ir «a por todas».
O futuro de Pontecesures xógase na Tarroeira, temos que pensar se queremos ser unha vila pantasma e decadente con polígono ou unha vila activa, dinámica e atractiva, potenciando a economía local e os nosos recursos.
Nas últimas semanas, veciñas e veciños de Pontecesures están trasladándonos a súa preocupación ante algunhas informacións que se están difundindo respecto ó polígono industrial da Tarroeira. Vendo as declaracións de Alfonso Rueda respecto da necesidade de satisfacer os intereses dos poderes económicos (galegos ou non, que máis dará), podemos concluir que os intereses das veciñas e veciños de Pontecesures impórtanlle NADA.
O interés por manterse no poder nas vindeiras eleccións municipais, o cal garantiza poder seguir outros catros anos quecendo o sillón sen máis preocupación que combinar colores; así como, os intereses económicos empresariais que se agochan neste proxecto, confluen nunha postura única basada na comunicación tóxica, na desinformación e nunha ausencia total de ética e respecto pola nosa vila e as nosas veciñas e veciños.
Estase trasladando ás veciñas e veciños que o polígono non afecta ás vivendas, que non impactará na súa calidade de vida e que non xenerará contaminación acústica, visual ou ambiental. As zonas pintadas de amarelo están destinadas a INDUSTRIA, hai que decilo alto e claro; e evidente que quedan pegadas ás vivendas e dotacións públicas, sinaladas en vermello.
Que cada un saque as súas propias conclusións…..sobre si, directamente, meter as vivendas dentro do polígono que será moi beneficioso para todas e todos xa que xerará postos de traballo. Lembrar que o propio xerente de STAC non fala de NOVOS EMPREGOS, senón de MANTER os equipos actuáis. Como se desprende das súas declaracións, a parcela máis grande estaría destinada a satisfacer “los intereses de la firma”, xa que conta con unha superficie duns 80,000 m2, xusto a superficie que precisan, según as súas propias declaracións en prensa.Falamos de FÁBRICAS, INDUSTRIA, que, en moitos casos, traballa sete días á semana; 24 horas e 365 días ó ano. Alguén pensa que esto non vai ser perxudicial para as veciñas e veciños ou que non vai afectar ás vivendas?
Después de no haberse presentado a las elecciones locales de 2019 desde la formación nacionalista se espera presentar un candidato “potente” para este municipio aunque no se conoce el nombre.
No BNG levamos anos denunciando o abandono e suciedade das rúas da nosa vila. O señor Seage leva anos pasando do tema, non vai con él. Quixéramos pensar que as nosas denuncias nos plenos sobre o estado deplorable de Cesures foran tidas en conta pero non; máis ben a proximidade das eleccións municipais e ó medo a un resultado desfavorable para o PP do señor Seage fai recurrir ó alcalde a un clásico da precampaña: a limpeza vial. Non sabemos se rir ou chorar cando él mesmo declara “hai que limpar a presión para arrancar restos de ANOS”. Concretamente, dos anos que levan apalancados o señor Seage, a señora Villar e compañía, no concello sen dar pau á auga e sen molestarse por nada que non sexa sair na foto de turno, facendo o ridículo unha vez máis neste caso, posando mentres os operarios de limpeza fan a súa labor. Non deben ter moito que facer o señor Seage e a señora Villar no concello para pasar a mañán sacando fotos e grabando vídeos coas mans nos bolsillos mentres outros traballan .
BNG Pontecesures
Parece que a inminencia das eleccións municipais fai recordar ao equipo de goberno as carencias máis importantes de Pontecesures. Por unha banda, decatouse fai unha semana que o saneamento é unha das eivas máis graves que sufre o noso pobo. Por outra, a limpeza viaria, obxecto de múltiples queixas pola veciñanza durante todo este mandato, véndesenos agora como algo extraordinario… en fin.P.D. .O do posado nas fotos vendo como outros traballan, non ten desperdicio.
En su presentación criticó la falta de gestión del actual gobierno y dejó claro el no rotundo del Bloque al polígono de A Tarroeira
La asamblea del BNG en Pontecesures ha elegido a Maite Tocino Barreiro como cabeza de lista para las próximas elecciones municipales, que se celebrarán en mayo. Por unanimidad, la agrupación nacionalista ha decidido dejar en sus manos el reto de recuperar la alcaldía y proceder a «reiniciar Pontecesures», tal y como dice el lema de su campaña. Este viernes, el nombre de la nueva candidata se ha dado a conocer en un acto en el que estuvo acompañada de su predecesora en el cartel, Cecilia Tarela, y del miembro de la ejecutiva nacional del BNG, Luís Bará, quien la calificó como «unha persoa comprometida oon Pontecesures, con gañas e experiencia de goberno, que conta cun proxecto ilusionante e de futuro e cun equipo con capacidade para solucionar os problemas do concello». «Estou certo que coa súa capacidade de traballo, co seu equipo e cun proxecto de tanta envergadura, Maite será a próxima alcaldesa de Pontecesures», argumentó Bará.
La protagonista de la jornada se mostró «ilusionada e arroupada por un equipo fantástico». Inicia esta etapa con la energía necesaria para «reiniciar Pontecesures», empezando por la candidatura del BNG, «que terá unha renovación moi importante, co obxectivo de reunir persoas con unha ampla visión dos problemas de Pontecesures, e con capacidade para buscarlles solucións». Pero, sobre todo, considera urgente reiniciar la localidad en su conjunto y «sair da decadencia na que se atopa sumido o noso concello pola nefasta xestión do actual equipo de goberno». En ese sentido, Tocino considera que habrá que empezar de cero en muchas materias, «abandonadas» por el actual gobierno: cultura, medio ambiente, saneamiento, urbanismo, patrimonio, educación, comercio, mujer…
«Pero o que temos claro é que non hai nin que empezar de cero nin reiniciar é co proxecto de polígono industrial da Terroeira. Porque cando o BNG chegue ao goberno municipal imos poñer todo o noso empeño, todo o noso traballo e todos os recursos para paralizar o proxecto do polígono industrial», señaló la aspirante a alcaldesa, quien se mostró convencida de que ese espacio «está chamado a ser unha zona residencial, verde e de ocio para todos os veciños e veciñas de Pontecesures.