Criticas dos socialistas por unha cabalgata de reis que foi unha sombra da de pasadas edicións.

Despois dos anos marcados pola pandemia, neste por fin poderiase ter feito unha Cabalgata de Reis ilusionante e atractiva. Unha Cabalgata que, ademais de levar emoción e ledicia aos nenos e nenas da vila, fora un impulso para o comercio e a hostalería locais, enchendo a nosa vila de xente. Pero unha vez máis, a desidia e a falta de interese -características habituais deste equipo de goberno- impuxéronse, e a Cabalgata de Reis de Pontecesures, que chegou a ser referencia na comarca, apenas foi unha sombra do que foi anos atrás. É unha mágoa que a apatía do equipo de goberno local bote por terra o traballo feito durante anos por moitos veciños e veciñas de Pontecesures para facer grande esta actividade.E a cabalgata non foi máis que o colofón dunha programación de Nadal inexistente (lamentable que pasaran por alto a visita de Papa Noel á rapazada de Pontecesures), que non lle dera máis pulo a celebración do día do Patrón, ou que non incluira ningunha iniciativa para impulsar os negocios locais.

Socialistas de Pontecesures

1010

O CONCELLO DE PONTECESURES ABRE O PRAZO PARA A PARTICIPACIÓN/COLABORACIÓN NA CABALGATA DE REIS.

O Concello de Pontecesures invita a participación de todos, nenos e maiores, na Cabalgata de Reis. Os interesados en participar poden incribirse nas oficinas do Concello ata día 4 de xaneiro (ata ás 12.00 horas).  A Cabagata de Reis será o sábado 5 de xaneiro, sendo o lugar de reunión dos participantes nave de obras do concello ás 16.30 horas (saída da cabalgata ás 17.30 horas).

A distribución e reparto da roupa para o desfile será a partir do día 2 de xaneiro (ata o 4) no momento da inscrición.