Chamada ó entendemento dos concelleiros non adscritos ás forzas políticas sobre o tren de cercanías.

NOTA DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS DE PONTECESURES.

Ante as últimas novas sobre este tema (manifestación de colectivos, debates no Parlamento de Galicia, etc..), os concelleiros non adscritos de Pontecesures (Luis Angel Sabariz Rolán e Alfonso Diz Villar) queremos facer un chamamento a tódalas forzas políticas para que se valore a necesidade de manter e potenciar o tren de cercanías pola vía actual entre Santiago e Vilagarcía. Pouco importa agora de quén parteu a iniciativa ou quén aporta máis argumentos (todos somos coñecedores disto). O fundamental é conquerir un servizo en beneficio de tódolos cidadáns da comarca.

(máis…)

“Os concellos temos que deixar de mirarnos o embigo e pensar en clave de comarca”

Entrevista a Fátima Monteagudo Pereira, presidenta da Mancomunidade Ulla-Umia.

?s seus 29 anos a socialista Fátima Monteagudo. alcaldesa de Cuntis, foi elixida o martes como nova presidenta da Mancomunidade grazas ós votos dos sete vocais que representan ó PSOE na Comisión Executiva e ó apoio imprescindible do BNG. Monteagudo considera “o máis lóxico” que se reeditara tamén nest a ocasión o acordo que socialistas e nacionalistas manteñen na Xunta e no propio Concello de Cuntis. Quer comezar a traballar “dende xa” e, de feito, a sede da Mancomunidade xa se trasladou a Cuntis. O seguinte paso será solicitar reunións co conselleiro de Presidencia e o presidente da Deputación para “tratar de cumprir canto antes os nosos obxectivos”: unha canceira, un parque de bombeiros e outro de maquinaria.

(máis…)