Preguntas e rogos do pleno de setembro. Nota do BNG.

Preguntas e rogos pleno de Setembro 2008.
A continuación facemos unha valoración do pleno ordinario de Setembro 2008, incluindo as preguntas e rogos do BNG e unha valoración das respostas.

Que noticias teñen sobre o mantemento do Centro Médico de Pontecesures e do CPI de Infesta a cargo da administración autonómica. ¿Vai a facerse cargo deste mantemento a Xunta de Galicia e cando?

Resposta o Sr Sabariz que non sabe nada novo más que o coñecido por todos do convenio da Xunta de Galicia coa FEGAMP, no que acordaran empezar polos concellos máis pequenos, pero dende a sinatura do convenio non tiveron novas sobre o tema.

O Sr. Randulfe informa que él si ten noticias, que ten dende hai uns día un escrito da Xunta de Galicia para asinar un posible convenio entre as dúas administracións (Xunta e concello) pero inda non o estudiou como é debido.

? evidente a falla de comunicación entre os membros do goberno, alomenos nestes asuntos, cando un afirma que non sabe nada e o outro afirma que teñen escrito no concello dende hai uns días. Dan a entender que se ocultan información e por eso o Sr. Sabariz se pasa no concello ata altas horas da noite (buscando a información que os seus compañeiros de desgoberno non lle facilitan).

¿Cando van a convocar a praza de auxiliar adminsitrativo e de que tipo vai ser esta convocatoria?

O Sr. Randulfe que non entende a que nos referimos. Se lle aclara se pretenden convocala como funcionario de carreira ou como persoal interino.

O Sr. Randulfe apenas sabe que contestar, máis que tiveron que esperar a aprobar os orzamentos, e intervén o Sr. Sabariz afirmando que probablemente convoquen incialmente como interino e logo como definitiva porque lle urxe moito unha persoa, xa que están desbordados de traballo e o procedemento administrataivo é moito máis curto, máis áxil e máis simple.

Dende o BNG manifestamos estar en contra desta decisión porque dende o mes de abril que foi publicado no BOP a oferta desta praza, tiveron tempo máis que suficiente para iniciar os trámites administrativos e convocar a praza de forma definitiva e con todas as garantías. Asimesmo o Sr. Randulfe vinculaba esta decisión a ter aprobados os orzamentos de 2008 cando na realidade non teñen nada que ver neste tema, dado que a praza foi consignada nos orzamento de 2007, polo que a xuizo do BNG o único que mostra esta actitude é desidia por parte do desgoberno tripartito.

Dende O BNG rógase que os semáforos permanezan acendidos con luz ámbar durante unhas horas axeitadas e non o que está a pasar agora que ás 8 da mañán e ás 9 da tarde-noite se pasan do funcionamento normal a luz ámbar, e a esas horas hai un tráfico considerable e causa problemas na circulación no cruce de A Estrada.

O Sr. Randulfe, que preside a corporación, non opina sobre este asunto e intervén o Sr. Sabariz recoñecendo o exposto polo BNG e desmarcándose dos seus socios do goberno porque el manifesta que prefire que seguiran a funcionar como o estaban facendo antes, dun xeito normal as 24 horas. Non obstante recoñece, o que verdadeiramente nos sorprende, que un mecanismo para regular automáticamente o cambio de funcionamento habitual a ámbar custa moi pouco. E nos sorprende, como sendo así esto non se teña solucionado antes cando dende o BNG xa se tiña feito público o malestar dos veciños polo anomal funcionamento da regulación semafórica.

Dende o BNG agardamos que esta situación se corrixa inmediatamente

O alumeado público sigue fallando e esta situación xa foi posta en coñecemento polo BNG en varias ocasións, tanto nos medios como no pleno, e a situación sigue exactamente igual. ¿Cando pensan solucionar as deficiencias de xeito definitivo?

Contesta o Sr. Randulfe que o problema é que o alumeado é da época de Piñeiro Ares e que polo tanto está obsoleto (vennos a dicir que non é problema del), pero que non obstante está a facer xestións coa Deputación de Pontevedra para renovar toda a instalación dende a Praza de Pontevedra ata o final da rúa Victor García.

Dende o BNG vemos ben que se xestione esa inversión da Deputación e se renove o alumeado na calle principal do pobo, pero entendemos que esto non é de hoxe senón que se leva denunciando dende hai tempo e que non fan absolutamente nada, os veciños están a protestar continuamente e con razón e ademáis estas carencias do alumeado non son únicamente as das rúas centrais do pobo senón que tamén se están a producir noutros moitos lugares do pobo.

Intervén o Sr. Sabariz explicando que é verdade o que denuncia o BNG pero botándolle a culpa á empresa encargada do mantemento das instalacións eléctricas para o concello. Que eles están cansos de comunicarlle todas estas avarías, pero que recoñece que a empresa non pode máis, que fai o que pode, que si é unha empresa de Pontecesures con poucos traballadores, que si non dispón dos medios suficientes, que si traballaba xa no goberno anterior, e en fin que toca aguantar co que hai.

Dende logo as explicacións dadas por Sabariz parecen inauditas, evadindo as súas responabilidades e culpando á empresa Doselco.

Tamén foi denunciado xa en varias ocasións o estado da rede da pista de tenis do peirao e sigue a estar nunha condicións moi perigosas para quenes usan esas instalacións. ¿E que non pensan facer nada e só esperan a actuación na zona de Portos de Galicia?

O Sr. Randulfe dicindo únicamente que Portos de Galicia ten pensado colocar na zona en cuestión unha especie de almacéns e que polo tanto non se vai gastar diñeiro nunha rede nova par que logo veña Portos e a inutilice, afirmando que antes de rematar o ano xa actuará Portos na zona.

Inmediatamente o Sr. Sabariz admite que o problema existe e que realmente hai perigo para os usuarios, que xa se reparou en varias ocasións pero que non están dispostos afrontar un gasto nunha rede nova cano vai intervir Portos na zona. Sabariz contradice o dito polo Sr. Randulfe de que portos vai por uns almacéns nese punto eliminando asi as actuais instalacións deportivas, afirmando que él cree que Portos vai acceder a manter e mellorar as instalacións tal como se lle pedíu polo Pleno cando se analizou o anteproxecto presentado por Portos (a iniciativa do BNG), e que haberá que analizar e discutir polo pleno o proxecto cando o presenten.

Polo BNG se expón que se pensa que esta actuación de Portos vai ir moito máis alá deste ano e que polo tanto subsanen agora as deficiencias da pista para non por en perigo aos usuarios da mesma.

Gustaríanos saber que xestións teñen feito diante doutras administracións para dotar a Pontecesures dun Centro Sociocultural.

Resposta o Sr. Randulfe que ningunha, que como non saben donde poñelo que inda non fixeron ningún tipo de xestións.

Sabariz cala nesta ocasión.

O BNG lamenta que unha infraestructura tan necesaria para o pobo, que todas as formacións políticas que se apresentaron as eleccións locais levaban no seu programa electoral caia en saco roto e non sexa de interés para o desgoberno de Pontecesures.

Pregúntase ao Alcalde-Presidente que ten que dicir no referente ao caso de Dna.. Isaura Jamardo, que na xornada electoral das elección xerais sufríu unha caída nas instalacións do colexio público de Infesta, presentou informe médico o 10 de maio e non lle dan razón ningunha no concello e só a están mareando pasandolle a pelota uns aos outros.

O Sr. Randulfe non contesta e sí o fai o Sr. Sabariz facendo unha exposición dos feitos e divagando sobre a responsabilidade do concello, do seguro e botándolle a culpa de estar o asunto sen solucionar á interesada porque di que non fixa a cantidade económica a demandar.

Dende o BNG pídese que se lle solucione o problema á veciña e deixen de mareala.

Cando o concello vai respostar aos comercios sobre a aplicación da Lei de horarios pois no mes de xullo lles pediron as licenzas e dende entonces non teñen ningunha comunicación do concello.

O Sr. Randulfe tampouco contesta e sí o fai o Sr. Sabariz dicindo que él contesta a todo, que non ten ningún problema. Non sabe nada de si se lle contestou, si non, qué é o que hai que contestarlle, que non é cousa deles que é de Industria, ect, ect. Finalmente quedan en contestarlles.. .

A xente está demandando discos da zona azul. Cando van a vir.Como é que o Sr. Sabariz leva os discos para a casa e logo os reparte polo pobo entre os veciños. Sábese que o Sr. Sabariz levou feixes de discos e os reparteu persoalmente nun supermercado.

Sabariz di que é falso, que él solo ten un disco, e que eso nunca o fixo, que sí os repartiu no concello pero que nunca os levou para a casa, que para a casa leva papeles do concello pero non discos.

Dende o BNG non creemos ó Sr. Sabariz pois xa quedou demostrado cando levou do concello o selo para os velatorios ou documentos do concellos para os bares,.

Arremete nos medios contra un membro do BNG por facer a súa labor de oposición acusandoo de intervir pouco nos plenos, e non ten vergoña cando o seu socio tránsfuga en 15 meses de lexislatura pouco apareceu polos plenos e ata agora non intervíu nunca. Non ten dito nin pío.

Ao BNG parecéunos un pleno que calificamos de pintoresco, sen contido, por non ter non tiña nin os informes de presidencia e no que o Presidente quedou totalmente anulado polo Sr. Sabariz.

NOTA DO BNG DE PONTECESURES.

Louzán e Castro inauguran o novo campo dotado de céspede artificial.

inaug-campo.jpg

victor-tubio.jpg

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, inauguraron onte o campo de fútbol Ramón Diéguez, que xa conta con 6.200 metros cadrados de céspede artificial de última xeración, ademais doutras melloras complementarias.

As obras precisas para instalar a herba sintética no campo precisaron un investimento de 450.000 euros, dos cales 92.000 foron achegados polo Concello, que asumiu así unha cuarta parte do total, mentres a entidade provincial financiou o restante.
O renovado campo de fútbol tamén foi dotado dun xogo de porterías de fútbol once, dous xogos de porterías de fútbol-sete abatibles, un xogo de bandeirolas de córner, bancadas para suplentes, un marcador, 200 asentos e rego automático. Ademais, a Deputación asumiu e executou tamén o asfaltado da zona perimetral do campo.

O campo pasará agora a depender do Concello, pero sen embargo o convenio entre administracións especifica que o mantemento e a conservación do céspede se efectuará conxuntamente entre Deputación e administración local.

Este acordo ten como finalidade evitar o deterioro que pode sofrer o terreo de xogo co deterioro, e o financiamento do mantemento será asumido na mesma porcentaxe que nos custos de constrcción, 75% para a Deputación e 25% para o Concello.

Neste sentido, a Deputación xa organizo unha xornada teórico-práctica para que os representantes dos concellos e dos clubes tiveran a oportunidade de coñecer as técnicas básicas que se deben realizar semanalmente para que os campos permanezan nunhas condicións óptimas.

Estes traballos regulares serán complementados con outros de mantemento especializado, que se executarán anual ou semestralmente a cargo dunha empresa.

Da Deputación de Pontevedra sinalaron que a posta en marcha desta infraestructura responde ó fomento do deporte de base. Ademais, no organismo provincial resaltouse a mellora das dotacións deportivas en toda a provincia por medio da construcción de campos de céspede artificial en distintos municipios.

Segundo resalta a Deputación, as superficies sintéticas permiten un maior uso e aproveitamento e un menor custe de mantemento, co cal prestan un mellor servizo aos cidadáns con maior eficiencia desde a administración.

Unha vez rematados todos os campos de fútbol previstos, o número de instalacións construídas pola Deputación elevarase ata as 76, por uns 36 millóns de euros.

DIARIO DE AROUSA, 07/09/08

Una tarde dando pedales.

Con la intención de “fomentar la práctica del deporte y del uso de la bicicleta”, el Concello de Pontecesures y la Deputación de Pontevedra desplegaron ayer una nueva edición de la fiesta de la bici, en tierras pontecesureñas.
Los vecinos de todas las edades se concentraron en A Plazuela antes de iniciar un recorrido que estaba establecido en 11,5 kms. pero que, evidentemente, no todos fueron capaces de completar.
La cita contó con el obligado acto de entrega de trofeos a distintos participantes (los había para el de más edad. la bici más original y la familia con el mayor número de ciclistas) el sorteo de material deportivo y el de dos bicicletas.

FARO DE VIGO, 07/09/08

Esta maña foi inaugurada a remodelación do Campo “Ramón Diéguez”.

imagen-002-web.JPG imagen-004-web.JPG

Asistiron ó acto, que comezou ás 11:15 horas, en representación da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, O Vicepresidente, José J. Durán e o Deputado de Deportes. Por parte do Concello estivo presente á alcaldesa, o goberno local, e tamén á oposición cos cinco representantes do BNG.
Tamén estiveron presentes o presidente de Extrugasa, Andrés Quintá, o alcalde de Valga, Bello Maneiro a presidenta do Pontecesures C.F., Conchi Gómez Figueira e representantes en Santiago da Federación Galega de Fútbol.
Hai que salientar en que ademáis da instalación de herba artificial no terreo, colocáronse cadeiras na tribuna, acondicionouse todo o muro perimetral con substitución da vella rede en varias zonas, arranxáronse os vestiarios, colocouse un marcador e pavimentáronse as zonas próximas ó campo de xogo. Así a impresión era de que estabamos diante dunha instalación practicamente nova.

imagen-041-web.JPG
No acto foi descuberta unha placa conmemorativa situada nas proximidades dos vestiarios e no centro do campo houbo intervencións da alcaldesa, Maribel Castro e do presidente provincial. Deportistas, pais/nais, directivos e público en xeral mostraron a súa satisfacción por contar en Pontecesures con estas modernas instalacións para fomentar a práctica deportiva.

imagen-053-web.JPG
A institución provincial entregou ó remate do acto, bolsas de deportes cun balón a tódolos xogadores do Pontecesures C.F. e do Joyería Riveiro de fútbol veterano. Os deportistas estaban no propio terreo de xogo e foron recibindo un a un estes agasallos.

imagen-069-web.JPG

Festa da Bicicleta 2008 no Concello de Pontecesures.

Celebrarase o sábado día 6 de setembro. A concentración dos participantes será na Plazuela ás 17:00 horas e a saída dos ciclistas terá lugar ás 17:30 horas dende o mesmo lugar. O percorrido será de 11,5 quilómetros.
Será obligatorio o uso do casco e no percorrido dos maiores a idade mínima será de seis anos.
Haberá trofeos para o participante de máis idade, para a bicicleta máis original e para a familia con maior número de membros que participe no evento.
Tamén haberá sorteos de diverso material deportivo e dunha bicicleta entre tódolos participantes.
O goberno local fai un chamamento ós veciños de tódalas idades para que participen nesta vistosa concentración co fin de fomentar a práctica deportiva e o uso da bicicleta.
O acto está organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra e polo Concello de Pontecesures.

I Encontro de escolas de música municipais no Auditorio de Ferreirós.

Será o sábado día 6 de setembro, ás 21:00 horas e participarán a Escola de Música Municipal de Meira (Lugo) e a Escola de Música Municipal de Valga.

Organizan o encontro o Departamento de Cultura do Concello de Valga, a Asociación Banda de Música Municipal de Valga e a Escola de Música “Esmuval” Municipal de Valga, e colabora a Deputación Provincial de Pontevedra (Cultura).