A cantante cesureña Beatriz Porrúa que dera o slto á popularidade en 2003 debido a súa participación no programa musical da televisión “Operación Triunfo”, decidiu cambiar momentaneamente o micrófono pola escea e debutar este fin de semana en Vigo como actriz de teatro formando parte do elenco da obra “Tarará Chis-Pum”, producida polo Centro Dramático Galego e que nos vindeiros meses percorrerá boa parte de Galicia, chegando incluso a outros puntos de España coma a cidade asturiana de Xixón.
O EQUIPO DE FUTBITO DO PONTECESURES C. F. EMPATOU NO SEU PARTIDO DO PASADO SÁBADO
Xogou dito encontro en Teixeiro (A Coruña), finalizando cun resultado de empate a 4 no marcador. Importante foi a intervención do porteiro, que se convirteu no “salvador” dese punto ó parar unha falta feita ó mellor xogador dos locais, sinalada como “penalti-dobre” cando faltaban uns segundos no marcador. O porteiro cesureño detivo o lanzamento desa falta e mantivo o empate.
Este é o 2º empate consecutivo que acadan, e con este encontro finaliza a primeira volta da liga na que participan. Agora este fin de semana é de parón, e o seguinte comenzana a 2ª volta enfrentándose ó Boiro a domicilio.
Reseña do Restaurante el Olivo
Na edición impresa da La Voz de Galicia podese ler:
[…]
E quen ademais de gozar da literatura goce tamén de lle dar pracer ao padal, ten unha nova oportunidade de facelo en Pontecesures. Este fin de semana abriu un novo restaurante no municipio do Ulla. El Olivo , que así se chama, fixo unha festa para celebrar o inicio da súa andaina gastronómica. Os invitados puideron catar por primeira vez a oferta deste establecemento. A partir de agora, os amantes da boa mesa teñen unha variante máis na lista de locais da comarca. Así que, bo proveito.
[…]
Sábado ás 5 da tarde: Partido de futbito
p(centrado). 
O Pontecesures C. F. volta a xogar na casa, ante o Monfero, mañá sabado as 17 h. Logo de 6 partidos o equipo inda non sumou puntos, pero mañán teñen unha nova oportunidade para conseguilo. E elo, tralo varapao que supuxo o resultada da pasada fin de semana (perderon na casa 2 – 3 contra Noia), pois quedando 5 minutos ian gañando os de Pontecesures por 2 a 1. Pero a ansiedade por acadar os primeiros puntos levou ós rapaces de Marcos “pichi” a cometer erros defensivos que lle costaron encaixar 2 goles e caer derrotados ó final, de xeito doloroso.
De todolos xeitos, o mister “Pichi” recoñece que vai notando coma o xogadores van mellorando, e collendolle o ritmo a unha liga completamente descoñecida para eles.
Sorte mañán, e animo.
I FESTA DO DEPORTE
Esta pasada fin de semana celebrouse a I Festa do Deporte de Pontecesures, que consistiu en que os rapaces dos 3 clubs, mais todos aqueles que se quixeran sumar ó evento, e alguns houbo, poidesen coñecer de 1ª man as 3 actividades deportivas que mais se practican no pobo: o futbol, o basket e o piragüismo.
Na tarde do venres 30 celebraronse no campo de futbol varios encontros de futbito, en función das edades. Ata 4 partidos se poideron organizar cos mais de 70 rapaces e rapazas e acudiron este día.
«Hei seguir coa gaita ata que morra»
Ten só 14 anos e un prometedor futuro. Adriana Rivas estuda no centro de Pontecesures e pertence ao grupo Algueirada. Esta fin de semana viaxa a Bandeira, en Silleda, para participar no primeiro certame de gaiteiros solistas Manuel Dopazo.
-¿Cando comezou?
-Empecei coa frauta aos seis anos. E a miña primeira gaita mercáronma no 2000, cando tiña oito anos, así que levo seis tocando.
-E tocando moi ben, seica.
-Home, si, toco ben.
-¿De onde vén esta paixón?
-Non sei. A min xa dende pequeniña gustábame moito tocar. Ía escoitando cancións e ía quitándoas.
-¿De oído?
-De oído, pero agora vou tamén a clase de solfeo.
-Oído ben fino, xa que logo.
-Si, bastante fino, é certo.
-Dígame, ¿que tal o certame?
-Sei que vén xente de moito prestixio como Edelmiro Fernández ou Dani Bellón…
-¿? o seu primeiro concurso?
-Noon, non hai moito, en abril, dous días antes do meu cumpreanos, fun ao meu primeiro concurso.
-Moitos nervios…
-Pois non. Alí estaba como sedada. Ensaiara moito, por iso estaba moi tranquila, e as cancións saían soas. Os meus pais estaban máis nerviosos ca min. E mesmo o meu profesor, Miguel Castaño, que está seguido apoiándome; pero eu non.
-¿E como ve o seu futuro coa música? ¿Como profesional, se cadra?
-A ver, ao final non sei se, por circunstancias da vida, poderei dedicarme por completo, pero o que lle digo a todo mundo é que quero ser gaiteira. Se cadra teño que facer outro traballo, pero hei seguir coa gaita ata que morra, iso é seguro.
-O certo é que exemplos coma os de Seivane ou Pato demostran que as mulleres si poden abrirse camiño neste mundo.
-Podemos, si. ? verdade que hai máis rapaces. Pero eu teño algunhas compañeiras que tamén tocan a gaita. Logo, xa veremos.
LA VOZ DE GALICIA 16/06/2006