HOXE XOVES 10 DE XU?O,ESTARÁ O GRAN MIGUEL TORRES E A ORQUESTRA POCEIRO,EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA

Hoxe en Palco de Estrelas-Radio Valga 107.4,programa dirixido por Daniel Seijas, contará cuns convidados de luxo, que forman parte da histórica orquestra pontevedresa POCEIRO BIG BAND.Serán o archicoñecido e incombustible Miguel Torres,que triunfou coa orquestra Compostela,entre as décadas dos anos 60s e 90s,Percorrendo medio mundo coa orquestra,Arxentina,Brasil,Uruguai,Venezuela,Alemania,Suiza…vendendo miles e miles de discos ; e por outra lado estará outro dos vocalistas da Poceiro,coma é Luis Rey, que sempre estivo na élite musical formando parte de formacions coma Los Players, Los Satélites e Los Trovadores.Tamén poida que estea algún compoñente máis da orquestra.
E coma sempre en Palco de Estrelas,escoitarás a mellor musica das orquestras,temas en exclusiva,concursos,información festeira,parrafadas…e todo dende as 19h. ata as 4 ou 5 da madrugada.

HOXE XOVES,ESTARÁN OS COMPO?ENTES DA ORQUESTRA GALILEA,EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.4 FM

Coma sempre,este xoves dende as 19h. haberá “Palco de Estrelas” en radio Valga, presentado por Daniel Seijas. Estarán en directo nos estudios centrais de Radio Valga,os compoñentes da orquestra GALILEA da Estrada para presentar o seu último disco. Ademais poderás escoitar en exclusiva os novos discos das orquestras MARBELLA e FOLIADA,ademais no novo tema de dominicano Cherito,entre outras moitas cousas,concursos,parrafadas,informacion festeira,os santos…e todo ata as 4 ou 5 da mañá,e si acaba antes tampouco pasa nada,je,je.