EXITO DE PARTICIPACION NO I TORNEO DE 3×3 BASKET NA RUA CELEBRADO NA PLAZUELA ESTE PASADO SABADO

Este sábado 17 de setembro o C. B. Rio Ulla organizou en colaboración co Concello de Pontecesures o ??I Torneo 3 x 3 de Basket na Rua?. A data elexida foi polo inicio dunha nova temporada, a 2011-12, na que o club vai participar con 8 equipos federados.

Pero ó facer este torneo de basket o que pretendimos foi achegar este deporte ó pobo, e para elo, que mellor lugar que a Prazuela de Pontecesures, xusto en metade do pobo. Alí se instalaron 2 canastas e se marcaron uns campos onde disputar o torneo. E o público respondeu, pois nas mais de 6 horas de partidos, achegáronse bastantes persoas a presenciar este torneo. 

O número de equipos inscritos foi un éxito xa que na categoria A (ata 15 anos) houbo 6 equipos, e na B (+ de 16 anos) foron 16 equipos inscritos. Foron un total de 80 os participantes os que dende as 16 h. da tarde do sábado, ata as 22.30 da noite estiveron xogando case sen parar. Indicar que os últimos partidos se xogaron perfectamente con luz artificial duns focos instalados a tal fin.

Na categoria A os cesureños “X”, impuxeronse ó ??Villa Team??; e na categoria B  foron os ??Grandfather? os gañadores da final diante dos ??Cuñados?.

Colaboraron nos premios ademais do propio Concello de Pontecesures, as casas comerciais ??Casa Chaves? e ??HC Sport? de Pontecesures. Os premios foron:

Na categoria A: camisetas de recordo, 1 balon e 1 invitación á merenda donada por Casa Chaves.

Na categoria B: Un vale de 40 euros donado por HC Sport, e 1 invitación á merenda donada por Casa Chaves.

Ademais Cocacola serviu bebida para todos os participantes do Torneo.

Decir tamen que a participación dos equipos superou o ámbito local, pos chegaron equipos de Dodro, Valga, e 3 de Vilagarcia. Ademais había xogadores tamén de Padron, e Rois.

Dende o club queremos destacar a deportividade que reinou en todo o Torneo, mérito dos deportistas que acudiron, e queremos agradecer o interese posto nel tanto polo Concelllo de Pontecesures, coma os patrocinadores que nos apoiaron  (Casa Chaves, HC Sport, e Cocacola). Tamén o traballo de Protección Civil, que tivo que atender a 2 lesionados durante a tarde (unica nota negativa). Agradecer tamén o trabalo desinteresado dun grupo de antiguos xogadores e afecionados locais que axudaron na montaxe e desenrrolo do torneo.

Haberá que ir pensando en mellorar o Torneo con vistas ó vindeiro ano, e facer que participan tamén os nenos/as menores de 12 anos nunha categoria para eles/as.

Moitas grazas a todos/as pola colaboración e participación.

 Agora colgamosunhas cantas fotos deste torneo:

Sergio, Uxio, martín e David, integrantes do equipo “X” gañadores da categoría A, no momento da entrega dos premios, flanqueados por Gulli, do C.B. Rio Ulla, e por Roque Araujo, concelleiro de deportes.

Roberto, Santi e Pepi, integrantes do equipo “Grandfathers”, gañadores da categoria B.

 

Nota íntegra sobre a nula difusión da exposición de Nicaragua.

Con sorpresa observou esta mañá este concelleiro que no semisoto da Casa do Concello estaba exposta a exposición fotográfica “Nicaragua unha realidade viva”. Ningún anuncio nos medios, ningún cartel na rúa e atópome que as octavillas de anuncio da exposición estaban amoreadas na ventanilla das oficinas municipais sen repartir a ninguén, aínda que no documento se reflicte que a exposición é “dende o 11 de setembro ata o 13 de outubro”.

Pois ben; a exposición non estaba preparada o día 11 (falla de seriedade) e a difusión é ata o de agora nula, facendo constar que hoxe si se podía visitar. Este concelleiro xa criticou en otras ocasións o desinterese do goberno local na difusión dos actos (obra de teatro en Carreiras e un acto da Consellería do Mar na Plazuela), e agora ten que volver a insistir no mesmo. Parece que a desidia está a orde do día no goberno local a pesar da dedicación exclusiva que teñen tres dos seus integrantes, coa conseguinte retribución.

Polo exposto, solicítase que se publicite a exposición canto antes, fixando con claridade o horario de visitas en función do horario de funcionamento da Casa do Concello.

Pontecesures, 17/09/11
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

HOXE SE DISPUTA O I “3 x 3 BASKET NA RUA” NA PLAZUELA

A partir das 4 da tarde arranca o 3×3 Basket na Rua. Antes sortearanse os partidos dos pequenos, hasta 15 anos. As 17.45 esperamos sortear ós mayores, e que empecen a xogar en torno ás 18 h., para finalizar sobre as 21 ou 21.30 horas.

Para elo vanse poñer 2 canastras na Plazuela e delimitar uns campos.

Hai uns 8 equipos de pequenos/as e 15 equipos dos grandes anotados, cunhas 70 persoas participantes. Son equipos de 3 ou 4 xogadores.

Sorte !!!

ESTE SABADO POLA TARDE TEREMOS O I TORNEO DE 3 x 3 “BASKET NA RUA”

Organizado polo Club Baloncesto Rio Ulla, e contando coa colaboración do Concello de Pontecesures e o patrocinio de Casa Chaves,  Hc Sport e Coca Cola, vaise celebrar este torneo de baloncesto que, coma novidade vai ser ó aire libre. En concreto na Plazuela de Pontecesures, onde se van instalar 2 canastas para a disputa do torneo, que dará comezo arredor das 4 da tarde do sabado e finalizará á noitiña.

Existen 2 categorias: Ata os 15 anos e os que teñas 16 ou mais. Os equipos dos mais novos pagan 10 ? cada equipo, e os grandes pagan 20 ? de inscrición.  Contamos cuns 20 equipos participantes (10 en categoria), inda que o prazo remata hoxe ás 21 h. No dia de mañá faremos publico o calendario, normas de xogo e premios.

Desexamos con esta iniciativa dar a saida dunha nova temporada baloncestística, e que este torneo sirva para que a xente se anime a coñecer este deporte, e mais os mais cativos/as.

Nota íntegra sobre o “Ponlle a pilas ao teu bocata”.

Unha vez máis se critica a nula difusión que fixo o goberno local desta actividade da Consellería do Mar organizada en colaboración co Concello de Pontecesures e que se celebrou hoxe na Plazuela de Pontecesures ás 10:30 horas. Nin un bando, nin un anuncio, nin publicidade algunha. Tan só na mañá de hoxe algúns pais/nais que leron o periódico antes das 10:30 horas, (como este concelleiro), atopamos unha breve nota de prensa, reaccionando con sorpresa ante a inminente celebración do acto. Por suposto o concello xa tiña información do día e hora dende hai tempo.

A pobre asistencia á actividade acto (pouco máis de 15 nenos/as, cando estaba previsto segundo os datos facilitados polo concello que chegaran a ir 50), foi o resultado do desinterese do goberno local por difundir esta nova.

Parece que ser que o acto estaba dirixido só aos nenos/as que participan na ludoteca do verán do Centro Social que ten lugar polas mañás, algo realmente censurable. Todos os nenos/as de Pontecesures (acudan ou non á ludoteca) deben ter a posibilidade de participar neste tipo de actividades e para iso hai que difundilas con todos os medios posibles. Por certo; a actividade estaba dirixida a nenos/as de entre 5 e 16 anos.

En fín; un acto moi interesante de fomento das conservas de mariscos e peixes que pasa practicamente desapercibido, despachándose apenas en tres cuartos de hora, quedando mal ademais o concello coa Consellería do Mar pola nula difusión e a escasa asistencia de nenos/as.

Estiveron eso sí na actividade o concelleiro de Educación, Servizos Sociais e Deportes, Roque Araújo, e a concelleira de Muller, Xuventude e Medio Ambiente Urbano, Cecilia Tarela que deron un agradable paseo nunha mañá de bo tempo, tratando de xustificar así a retribución que perciben ámbolos dous pola dedicación exclusiva e que pagamos todos.

Pontecesures, 24/08/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures