Nestas fotografías, tomadas onte ás 13 horas, pódese apreciar que na Plazuela continuaba sen recoller o lixo. Un feito que mereceu a crítica de bastantes das persoas que percorrian este lugar (bastantes delas asistiron ás 12 horas á Misa de Reis que se celebrou na Igrexa Parroquial de Pontecesures). Para agravar a situación, tamén podía apreciarse a presenza dunha boa cantidade de ferros amoreados e sen retirar procedentes da carpa da cabalgata de onte.
Dende logo o goberno local ten que coidar estes detalles na procura de que os servizos de limpeza deixen sen lixo esta zona de máis tránsito a primeiras horas da mañá e non transmitir á veciñanza unha imaxe de pasotismo neste asunto da limpeza.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures



