Será mañá mercores 14 de Febreiro a partir das 23:00 horas da noite no programa “Pleno Aberto“, no que o concelleiro falará sobre a situación que se vive no concello e sobre as vindeiras eleccións locais que terán lugar en Maio.
Mañá día 12 de febreiro pleno extraordinario en Pontecesures.
As 13,30 horas de mañá día 12 de febreiro, celebrarase no salón de sesións da Casa do Concello un pleno extraordinario coa seguinte Orde do Día:
1-Actas anteriores.
2-Conta Xeral do Exercicio 2005.
3-Proposta do equipo de goberno sobre a posta en marcha da EDAR de Pontecesures.
Faise un chamamento aos veciños para que asistan ao pleno, aínda que a hora non é a mellor, dende logo.
Luis Angel Sabariz Rolán.
Hoxe ás 20,30 horas Pleno Ordinario.
Celebrarase no Salón de Sesións da Casa do Concello e terá a seguinte Orde do Día:
1-Actas anteriores.
2-Resolucións da alcaldía. Dar conta.
3-Informes da Presidencia.
4-Rogos e Preguntas.
Faise un chamamento a tódolos veciños para que asistan ao Pleno. O alcalde ten moitas preguntas pendentes de contestar, e se van facer outras de interese. Haber se comparece esta vez pois xa é coñecido que non lle gosta nin someterse ás preguntas nin manter debates nos plenos.
Adiós a la movida de los plenos de Cesures.
Me pongo en el lugar de las corresponsales del concello de Pontecesures de los diferentes medios y, la verdad, tambien estaría un poco triste. Y es que el Gobierno Local ha recibido una subvención para cambiar la megafonía y ya no volverá a haber más plenos de esos tan animados en los que los micrófonos y las grabadoras iban y venían por la mesa de plenos, ¡venga para un lado, venga para el otro!.
Aunque parezca mentira, esto daba mucha animación a las sesiones plenarias (que normalmente son de los más aburrido) y, por otra parte, también hacía que el alcalde y los concejales ejercitaran el musculito.
DIARIO DE PONTEVEDRA 18/12/06 Columna: A PRAZA DA VERDURA por Clara Aldán
Hoxe pleno ordinario de novembro.
Hoxe martes ás 20,30 horas, celébrase o pleno ordinario de novembro no Salón de Sesións na Casa do Concello de Pontecesures coa seguinte Orde do Día: 1-Actas anteriores; 2-Resolucións da Alcaldía. Dar conta; 3-Informacións da Presidencia; 4-Rogos e preguntas.
Faise un chamamento aos veciños para que acodan ao pleno pois vanse facer varias preguntas ao goberno local sobre a xestión municipal e posiblemente se presentarán mocións por urxencia. Esperemos que o alcalde nesta ocasión resposte ás preguntas e nos deixe falar neste turno.
Ultima hora: o alcalde convoca o pleno extraordinario solicitado polo PP
p(centrado). 
No mediodía de hoxe o alcalde convocou para o martes día 28 de novembro ás 18,00 o pleno extraordinario solicitado polo PP o pasado sábado día 11 de novembro cun único punto da Orde do Día é o seguinte: “Petición de Comparecencia do Sr. Alcalde en relación co consumo de combustible dos vehículos de servizos municipais”.
O alcalde, coma sempre, esgotou o prazo de 15 días hábiles para celebrar o pleno e fixou unha hora na media tarde tratando de que non asista moito público. Dende aquí fago un chamamento aos veciños para que acodan en masa a este pleno para ter información do que sucedeu no noso concello con este tema do desorbitado consumo de combustible.