A partir das 23 horas no programa Pleno Aberto da TV Salnés-Barbanza, entrevista ao alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Alvarez Angueira.
Hoxe mércores 25 de abril, ás 20,30 horas, pleno ordinario.
Será o último pleno ordinario antes da cita electoral do día 27 de maio. Ten a seguinte Orde do Día:
# Acta anterior.
# Aprobación definitiva de Estudo de Detalle. Quinteiro R/Victor García 17-19/ Avda. Eugenio Escuredo.
# Resolucións da alcaldía. Dar conta.
# Informes da Presidencia.
# Rogos e Preguntas.
Coma sempre faise un chamamento aos veciños para que acudan á sesión.
O concello cesureño presenta esta tarde a súa páxina web.
O Concello de Pontecesures contará dende hoxe counha páxina web na que os veciños poderán consultar toda a información relativa ó municipio. As seis da tarde no salón de plenos terá lugar a presentación da web oficial, www.pontecesures.org. O mesmo tempo os responsables de turismo do Concello darán a coñecer tamén a nova Guía de Pontecesures coa que se pretende promocionar o municipio.
DIARIO DE AROUSA 12/04/07
O alcalde anuncia a creación da páxina do concello “pontecesures.org” dicindo en tono crítico que “é org non net”.
No pleno ordinario de onte o alcalde anunciou a nova de referencia (en quince días estará creada, dixo) dentro do apartado de rogos e preguntas. Con tono crítico, de xeito velado, e sen vir a conto. citou esta páxina que xa fora calificada noutro pleno por Alvarez Angueira co termo de “zafia”. Cando este concelleiro quixo intervir para deixar claro que para anunciar a creación dunha páxina oficial non hai que facer referencias a outras nese tono, e para defender a este medio, o alcalde, na súa liña de prepotencia de sempre, retiroume a palabra. Este é o alcalde tolerante, dialogante e defensor da liberdade que temos. Unha pena.
Quero facer un chamamento a tódolos letores desta páxina para que participen activamente na mesma co fin de potenciala. Demostrarémoslle ao alcalde que por moito que intente prexudicarnos, imos a máis.
Hoxe día 28, ás 20,30 horas, haberá pleno ordinario.
No Salón de Sesións da Casa do Concello, ás 20,30 horas terá lugar o pleno, coa seguinte Orde do Día:
1-Actas anteriores
2-Resolucións da alcaldía da solicitude de subvención de Servicios Sociais 2007. Dar conta.
3-Resolucións da Alcaldía. Dar conta.
4-Informes da Presidencia.
5-Rogos e preguntas.
Coma sempre, faise un chamamento aos veciños para que asistan á sesión.
LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN
O mércores 28 de febreiro pleno ordinario.
As 20,30 horas do mércores 28, celebrarase no Salón de Sesións da Casa do Concello o pleno ordinario de febreiro coa seguinte Orde do Día:
1-Actas anteriores.
2-Resolucións da Alcaldía. Dar conta
3-Informes da Presidencia.
4-Rogos e Preguntas.
Coma sempre este concelleiro fai un chamamento aos veciños para que asistan á sesión.
LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN