A Cabalgata de Reis de Pontecesures no aire polo mal tempo.

A previsión metereolóxica para o vindeiro domingo 5 de xaneiro, día da tradicional Cabalgata dos Reis Magos, preve abundantes choivas.

De persistir esta situación, que non permitirá o tradicional desfile polas rúas da vila, trasladaremos 𝐚 𝐫𝐞𝐜𝐞𝐩𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐨𝐬 𝐑𝐞𝐢𝐬 𝐌𝐚𝐠𝐨𝐬 ó 𝐏𝐚𝐯𝐢𝐥𝐥ó𝐧 𝐏𝐨𝐥𝐢𝐝𝐞𝐩𝐨𝐫𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐫 𝐝𝐚𝐬 𝟏𝟕:𝟎𝟎 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬

Recibiremos ás Súas Maxestades e ó seu sequito acompañados de música, caramelos e un pequeno agasallo para todas e todos os que se acerquen a saudar ós Reis!

Calquera cambio que se poida producir, será oportunamente comunicado.

CONCELLO DE PONTECESURES

O PP de Pontecesures afirma que o retraso no anuncio da Festa do Churro amosa o pouco compromiso do goberno local co evento.

Que unha das exaltacións culinarias máis senlleiras de Pontecesures se anuncie a 7 días da súa celebración non parece amosar moito compromiso de Tocino e os seus satélites co sua promoción, o cal tampouco nos resulta extrano se recordamos que hai anos xa afirmara a actual alcaldesa que dedicar recursos económicos á festa do churro lle parecía “pouco ético”.