O sábado 8 de setembro, Festa da Bicicleta

bicicletaEsta festa é organizada polo Concello de Pontecesures en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra.

Comezará ás 17 horas na Plazuela e o percorrido iniciarase sobre as 17,30 horas e vai ser, coma nas edicións anteriores, por Porto, Redondo, Carreiras, Infesta e San Xulián, estimándose a distancia nuns 10 quilómetros. A esta proba recoméndase que só vaian nenos maiores de 6 anos. Os máis pequenos acompañarán a marcha durante o primeiro quilómetro, regresando á continuación cara a Plazuela, para esperar o remate do paseo. Para tódolos participantes habera sorteos de mochilas, cascos e incluso o de unha bicicleta.

E obrigatorio o uso do casco para previr posibles danos en carreira.

Asi mesmo, haberá trofeos para a bicicleta máis orixinal e para o participante de máis idade.

Faise un chamamento á participación cidadá tanto dos cesureños como dos afeccionados en xeral, lembrando que non é unha competición senón unha marcha cicloturista festiva para pasalo ben.

(máis…)

Roma beatificará a un franciscano de Requeixo que fue fusilado en la Guerra Civil.

beatificacion.jpgEl religioso Francisco Jesús Carlés González, natural de Pontecesures y que fue asesinado durante la Guerra Civil, será beatificado el día 28 de octubre en Roma durante una ceremonia en la que, junto a él, también se convertirán en beatos otros 497 mártires del siglo XX en España.

La beatificación es el paso previo la canonización y conversión en Santo, una distinción con la que el franciscano cesureño verá ratificada su condición de “mártir” de la Guerra Civil, un conflicto durante el que fue fusilado por “autoridades marxistas” por negarse a blasfemar contra Dios.

(máis…)

A palista cesureña Cristina Iglesias Rey, 4ª e 6ª nos campionatos de España infantís de piragüismo.

palasEsta rapaza de 13 anos naceu en Pontecesures (o seu pai é Jorge Juan Iglesias Campos que é de Porto) e foi a vivir a Catoira xunto cos seus pais cando tiña 6 anos de idade.

Obtivo Cristina, nos campionatos de España infantís de piragüismo celebrados o pasado fin de semana en Verducido, (Pontevedra) o 4º posto en K-4 (1.000 metros), e o 6º posto en K-2 (1.000 metros) competindo co equipo de As Torres de Catoira.

Noraboa á rapaza e á súa familia.

ALGUNHAS IMÁXENES DO XOVES DA FESTA DE PORTO

Pois o pasado xoves deu para unhas cuantas fotos:

100_7091-web.JPG

O Santo na de Vieites.

100_7096-web.JPG

Os gaiteiros e bailaríns de “Algueirada” amenizando a espera dos mexilóns…

100_7104-web.JPG

A charanga Apeles poñendo a sua parte para que a carallada fose maior…

100_7146-web.JPG

Mexilóns a fartar, e que vos estaban…(os mexilóns).

100_7223-web.JPG

Carallada…

100_7310-web.JPG

E mais carallada…

100_7272-web.JPG

En  Porto non faltou a carallada…

100_7288-web.JPG

¿Conseguiria o permiso para quedar ata o final da festa?…