I Concurso Fotográfico Festas de Porto
Dende pontecesures.net organízase o I Concurso Fotográfico sobre as festas de porto
O que se pretende é animar a todas aquelas persoas que queiran participar envien as 3 mellores fotos que saquen durante calquera da actividades do cartel das festas de Porto entre os dias mercores 23 ata o venres 25.
Premiaranse as 3 mellores fotos elexidas por decisión dun xurado composto pola comisión de Festas ademáis de varios xornalistas.
O premio consistirá nunha cea para os 3 gañadores (donada polo bar choco) así como un recoñecemento público dos traballos gañadores e algunha sorpresa mais a cargo da organización do concurso.
Para elo envía as túas fotos, cun tamaño máximo recomendado de 500 kbs, ó seguinte correo electrónico: redaccion@pontecesures.net
Ademais identificate con nomes e apelidos así como un seudónimo que será o que se vexa público. Indicando a data e o momento en que sacaches a foto e un teléfono de contacto.
Organiza:
www.pontecesures.net
Colaboran:
Asociación Cultural San Roque de Porto
Bar Choco
Radio Valga, a radio da túa comarca.
A normas do concurso poderalas ver aquí: Bases do Concurso
2 comentarios
Antonio Cortés · 18-08-2006 a las 12:09
Animadeos a enviar as vosas imaxes, eu vou hoxe para Pontecesures así que mañán, si vos parece ben, podemos organizar unha pequena «quedada» a eso das 13,00 horas na «Taberna» para comentares o que queirades da páxina, e calquera consulta sobor deste concurso.
? viño, cervexa, refrescos, … invito eu.
Un saudiño e ata maná 😉
Carmen Barreiro · 23-03-2007 a las 11:04
Para cando o gañador do concurso???
Xa temos ganas de ver a foto gañadora…