Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Emprego

Acta de valoración dos méritos achegados polas aspirantas ó posto de educador familiar do Concello de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

En Pontecesures, sendo as 12 h. do día 28 de febreiro de 2008, constitúese o órgano de selección para cubrir o posto de educador/a familiar do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dª Mª. Trinidad Rodríguez Suárez, que actuará como Presidenta; a traballadora social do Concello de Pontecesures, Dna. Mª Consuelo Ordoñez Martinez que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario. Este tribunal acorda o seguinte:

Iº).- Aceptar a todos os candidatos presentados por reunir os requisitos requeridos nas bases da convocatoria, e que son: Dna. Marta Abelleira Docabo; Dna. Begoña Buela Martinez; Dna. Veronica Buceta Corbelle; Dna. Tania Vidal Alvarez; Dna. Sandra Miguéns Moares; Dna. Angela Mariño Docabo; Dna. Mª Monserrat Iglesias Lopez; Dna. Mª Dolores Otero Agrelo; e Dna. Tania García Vila

IIº).- Otorgar a puntuación a cada aspirante, segundo o baremo elaborado previamente ca finalidade de ter criterios obxectivos e comúns, establecendo unha lista que figura como anexo desta acta.

IIIº).- Establecer como nota para superar esta fase e pasar á entrevista, a de todas aquelas persoas que tivesen 4,1 ou mais puntos nesta fase, segundo establecen as bases desta convocatoria.

IVº).- Convocar ás 3 persoas que superan dita nota a unha entrevista persoal, que tratará sobre aspectos relacionados co posto de educador familiar, a celebrar o vindeiro mercores 5 de marzo, a partires das 12.30 h. na Casa do Concello.

De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

ANEXO

RELACIÃ?N PROVISIONAL DAS PUNTUACIÃ?NS DOS/AS ASPIRANTES Ã? POSTO DE EDUCADOR/A FAMILIAR DO CONCELLO DE PONTECESURES.

1. MARTA ABELLEIRA DOCABO……………………… 0,50
2. BEGOÃ?A BUELA MARTINEZ……………………….. 0,60
3. VERONICA BUCETA CORBELLE…………………. 0,80
4. TANIA VIDAL ÁLVAREZâ?¦â?¦………………………. 7,10
5. SANDRA MIGUÃ?NS MOARES………………………. 0,90
6. ANGELA MARIÃ?O DOCABO………………………… 1,30
7. Mª MONSERRAT IGLESIAS LÃ?PEZ………………. 2,55
8. MARIÁ DOLORES OTERO AGRELO……………… 6,00
9. TANIA GARCIA VILAâ?¦………………………………… 6,45

RELACION DAS ASPIRANTES QUE FASAN Á FASE DA ENTREVISTA DO MERCORES 05/03/08

1. TANIA VIDAL ÁLVAREZâ?¦â?¦………………………. 7,10
2. TANIA GARCIA VILAâ?¦………………………………… 6,45
3. MARIÁ DOLORES OTERO AGRELO……………… 6,00

Máis sobre isto

1 comentario

  1. sobreiras

    Xiana cores : ¿aínda non dixeches nada de quen vai ocupar o posto de educador/ra familiar?. ¿Seica as túas dotes adivinatorias están deterioradas?. Non me extraña nada, despois da nova dos mensaxesde Angueira. Nótaseche moi afectada.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.