A ORIXE DAS FEIRAS DO AUTOM?BIL DE OCASI?N DE PONTECESURES

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. en

Aproveitando que hoxe domingo celébrase a ??II Feira do Automóbil Antigo? en Pontecesures, vou tentar relatar a xénese dun dos feitos máis sobranceiros que tiveron lugar na comarca do Ullán durante o século XX, e que estaria relacionado cun acontecemento comercial que non tería precedentes en toda España : As Feiras do Automóbil de Ocasión de Pontecesures. Aínda que xa houbera experiencias anteriores, no eido das exposicións do mundo da automoción, en Madrid, no anos 1907 e 1923, e tamén en Barcelona cos importantes salóns do automóbil, celebrados en 1913, 1919, 1922, 1924 e 1925, sería pois a Feira celebrada en Pontecesures, no ano 1925, a primeira na súa modalidade que tería lugar en España, xa que as celebradas nesas dúas grandes cidades, tratábanse dunha mostra de vehículos novos, que non tiñan coma fin principal a súa venda nos seus recintos feirais. Ademais, nestas exposicións, non habería unha mostra de vehículos usados.Polo tanto en Pontecesures, por primeira vez, combinarianse a venda de vehículos novos cos usados, ou sexa os de ocasión. Sería pois, unha feira en estado puro. No xeito podía compararse a venda dos automóbiles de ocasión con calquer tipo de feira de gando, e sería máis ou menos como logo a retrataría, cos seus debuxos humorísticos, o ilustre rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A idea de levar a cabo a feira do automóbil en Pontecesures, segundo me contou Raimundo García Domínguez ??Borobó?, hai que buscala na feira cabalar da Pascúa de Padrón de 1924, cando os futuros promotores da Feira do Automóbil, o empresario vigués asentado en Cesures Don Eugenio Escuredo Lastra e o médico cesureño Don Victor García García-Lozano visitaban tan importante feira gandeira. Na feira da Pascúa, daquel ano, viran que houbera un descenso do número de cabezas de gando, e que no medio dos animais había alguén que tentaba vender o seu automóbil de segunda man. Ante aquela imaxe, os dous decataronse que os tempos comezaban a mudar sen remedio, e que a forraxe para os animais estaba dando paso a gasolina para os motores. Alí, os dous empezaronse a preguntar que coma xa Padrón tiña unha feira de cabalos, en Pontecesures deberíase facerse unha feira de automóbiles.De camiño a Cesures, – según contaba ??Borobó?, que daquela tiña oito anos de idade, é que fora testemuña directa da xestación daquela idea, xa que fora aquela Pascúa, levado polo seu pai Victor García -, os dous amigos seguiron falando da posibilidade de levar a cabo tan boa ocorrencia. ? chegar a Cesures, comentaronlle ós seus amigos, que soían reunirse de tertulía no restaurante ??Casa Castaño?, a idea de facer unha feira do automóbil en Pontecesures. ? contarlles isto, e crendo nas verdadeiras posibilidades de éxito, pronto se encherían de ánimos e ilusión para poder realizar semellante proxecto. Sen embargo, para tomar esta decisión, pesaría moito o gran coñecemento que estas persoas posuían no mundo dos negocios, xa que na súa maioria, os futuros membros dos primeiros comités organizadores da Feira, posuían negocios de gran importancia, uns relacionados coa madeira, outros cos transportes fluviais, importación de coloniais, exportación, curtidos, cerámica, tecidos, etc.

Outro factor que incidiría na realización desta Feira, foi o contexto económico de gran crecemento que se viviu nos tempos da dictadura de Miguel Primo de Rivera, enmarcado dentro do contexto de auxe econónico a nivel mundial, sobretodo dos Estados Unidos, país que se encargou de exportar o seus productos, principalmente os automóbiles e camións, a gran parte dos rincóns do Planeta. O aumento do parque automobilistico español e galego, iniciado con relativa importancia dende principios dos anos 20, provocaría que habería xente que xa estaría ??aburrida? do seu vehículo e precisaba desfacerse del para mercar outro, a pesar de que era un artigo ó alcance dos mellores petos.Polo que outras persoas, que terían ??menos cartos?, tamén precisarían dun vehículo, pero a un prezo rebaixado ó ser usado. Este detalle podería ser unha necesidade que os futuros organizadores da Feira do Automóbil de Ocasión foron quen de ver.

En marzo de 1925, cos preparativos da Feira xa en marcha, Eugenio Escuredo Lastra na compaña do seu socio e amigo, na fábrica de ladrillos de Campaña, Salvador Sierra Trasande, deciden facer unha viaxe á Feira de Mostras da Primavera que tiña lugar en Leipzig.Esta cidade alemana celebraba a feira industrial máis importante do Mundo, onde facilmente podianse superar en 12.000 as firmas comercias alí expostas. O propósito desta visita era o de coñecer coma se organizaba un evento destas características, recollendo, deste xeito, experiencias que podían ser aplicables para a feira de Cesures. Como se pode comprobar, os organizadores apostaban forte por levar a bo fin a súa idea, aprendendo, para iso, da mellor feira do Mundo, e non conformandose con facer calquer cousa.

Despois das impresións recollidas en Leipzig, as ideas paracen xa máis claras e serias. Nos meses de abril e maio, ponse en marcha unha importante laboura organizativa.Comezan os contactos coas casas comerciais relacionadas coa automoción, aínda que tamén o farían con outras que nada tiñan que ver con este sector. Os xornais olívicos ??Faro de Vigo?, ?El Pueblo Gallego? e ??Galicia?, nos meses previos á Feira, comezan a darlle protagonismo, nas súas columnas, ós preparativos dos cesureños empeñados en realizar un feito de tanta transcendencia.

O cartel anunciador da Feira encargaouselle ó pintor cesureño Carlos Maside.Neste cartel aparecía o deus Mercurio empregando un automóbil a xeito de patíns.Tamén é digno de mención o óleo realizado pola pintora cesureña de orixe avulense, Oria Moreno. Esta pintura que representaba a un rapaz pintando nunha parede a publicidade da Feira, foi exposto no escaparate do comercio vigués ??Camisería Inglesa?, durante os días que durou a feira cesureña.

Para a organización da Feira, constitúese un Comité conformado polos seguintes membros :

* Presidente de Honra do Comité : José Rodríguez Villamil, Gobernador Civil de Pontevedra
* Vicepresidente de honra do Comité : Daniel de la Sota, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra.
* Presidente do Comité : José Novo Núñez
* Vocais : Victor García García-Lozano, Ramón Diéguez Carlés, Eugenio Escuredo Lastra, José Sierra Martínez, Salvador Sierra Trasande, Luciano García García-Lozano, Bernardo Cordero Martínez, Casto Plasencia, Daniel Roa, Francisco García Lozano, Jesús Cabeza Sierra, José Moltó, José Varela, Herminio López Pérez, Baldomero Carlés Romero, Luis Dieguez Carlés, Manuel Fajardo Silva e Ramón Piñeiro Eiriz.

Este Comité Organizador, puso anuncios na prensa co fin de atraer a todas aquelas persoas interesadas en vender os seus vehículos usados no futuro certame. En principio a Feira tiña unha única data para a súa celebración, que era o 28 de xuño de 1925, pero debido as peticións das casas expositoras, decidíuse prologalo evento ata o 29 de xuño, festividade de San Pedro.
Por fin, o domingo 28 de xuño de 1925, o Gobernador Civil de Pontevedra, inagura no peirao portuario de Pontecesures, a «FERIA DEL AUTOM?VIL DE OCASI?N». O recinto feiral ocupaba unha superfície de 15.000 metros cadrados, e armouse un stand cuberto de 115 metros de longo, divido en compartimentos de 5 metros de fronte.

Sen entrar en moitos detalles sobre o desenvolvemento da feira, que deixaremos para outra ocasión, a xeito de resumo, podemos dicir que as casas comerciais presentes nesta primeira edición, chegaron as 49, das cales 15 representaban a casas fabricantes de automóbiles e camións, pertencendo o resto a empresas afíns ó sector ou adicadas ós variados sectores da industria e o comercio en xeral.

A Feira clausurase o 29 de xuño, sendo visitada por máis de 10.000 persoas, que puideron ollar, seguramente, algo que non viran na súa vida ata aquel entón.Unha grandiosa concentración de vehículos, que sumaban a cantidade de 598, dos cales, 348 eran de ocasión, 70 eran novos e 180 non estaban inscribidos na Feira. O valor aproximado do total dos artígos alí expostos era duns 5 millóns de pesetas daquel entón.O volume total das vendas de tódolos artigos cifrouse nas 418.000 pesetas.

? ano seguinte, voltase a repetir a experiencia, pero moito máis ó grande.Logo seguirianlle as feiras celebradas nos anos 1950 e 1954, pero eso é materia para outros artigos ou máis ben para un novo libro que se está a preparar, dende xa fai moitos anos, que ofreza un novo enfoque e novos datos sobre tan importante acontecemento.So queda agardar pola celebración da V Feira do Automóbil de Ocasión e Exposición Industrial, coma lembraba o noso ilustre e admirado veciño ??Borobó?, no ano 1997, ó ser nomeado Fillo Predilecto de Pontecesures : ??A tan avanzada vila da Feira do Automóbil, exemplo do esforzo dunha gran xeración de cesureños. Símbolo dun tempo que soio pode conmemorarse diñamente celebrando, daquí ao século XXI outra nova Feira do Automóbil, a quinta, da que xa se fala e que meus vellos ollos confían inda en ver?.

Publicado por un fulano de Redondo, no Diario de Arousa, o domingo 6 de abril


9 comentarios

basta · 11-04-2008 a las 13:03

Grazas, Seijas, por todo o que nos transmites, e pola túa contribución á divulgación de uns feitos tan memorables para o noso pobo.

DANIEL SEIJAS S.L. · 15-04-2008 a las 21:53

«basta» agradezo o teu comentario. Compre ir sacando novos datos á lus sobre a Feira do Automóbil,que son moitos, así coma da historia comercial e industrial,e toda en xeral,de Cesures así coma da comarca. Queda moito por saber e moito por escarabellar por ahí adiante.

roxo · 15-04-2009 a las 09:33

Grata sorpresa ler este artigo e atopar a D.Ramon Piñeiro Eiriz, persoa que foi alcalde da vila de Padrón, o que me estrana e quixera que me alguen me aclarara e qeu relacion tiña con Cesures.

DANIEL SEIJAS S.L. · 17-04-2009 a las 19:48

«roxo», efectivamente, D. Ramón Piñeiro Eiriz foi alcalde de Padrón,durante a II Republica e no momento do estalido da Guerra Civil. A relación de Ramón Piñeiro con Cesures ( que está ademais soterrado no cemiterio parroquial de San Xulián de Pontecesures) e que el era natural da Ponte,descendente dunha das máis importantes sagas de comerciantes que houbo no Paraiso no S.XIX),e coma é lóxico sendo da Ponte,tiña máis relación directa con Cesures que con Padrón. Ademais tiña moita familia en Cesures, e viviu en Cesures…e daquela era moi normal que os comerciantes e industrais das dúas beiras do Ulla,andiveran metidos facendo sociedades e proxectos,coma foi o caso da Feira do Automóbil de Ocasión,é maís o Muelle de Cesures,e a súas actividades comerciais,nas dúas beiras,formaban nun núcleo conxunto como tal,aínda tamén existian outras diferencias.

Bueno «roxo»,agradezo teu comentario,e así tamén que se vexa que mesta páxina podense falar de máis cousas que non sexa política.

roxo · 20-04-2009 a las 10:54

amigo Daniel, grazas pola información desde a miña petición de información souben que D. Ramon fora un dos poucos alcaldes republicanos e membros da Fronte Popular que non fora nin paseado nin represaliado. Ademais o seu vinculo con Pontecesures debiase a que estaba casado con algunha das familias industriais que se asentaron no concello.Tivo tenda de electrodomesticos e adicouse, creo que se dedicou ao comercio de gran.

Cara de cona · 20-04-2009 a las 17:41

Seijas, fala un pouco da feira do maio de cesures…..esa dos dentiagudos…..virá o coche de San Fernando….un pouquiño a pe un pouquiño andando?…ou o troncomovil dos picapedra….jo…jo…jo…

DANIEL SEIJAS S.L. · 21-04-2009 a las 15:14

para «roxo» : pareceme a min que debes ter diante túa algunha edición no Anuario Bailly-Baillere Riera Reunidos… Ramón Piñeiro cando foi o Alzamiento xuntouse coa U.G.T. de Padrón,da que o pintor cesureño Andrés García de la Riva (Colombo),primo de Borobó ,era o secretario deste Sindicato e organizaron o comité de defensa,que ó pouco tempo foi neutralizado polo exercito sublevado que viñeron en camións dende Santigao. Por exemplo unha persoa destacada que tivo problemas en Padrón coas novas autoridades rebeldes do Alzamiento,foi o dono de «Lámparas Iria», o todopoderoso Estanislao Pérez Artime,que debido a súa amizade con destacados membros da esquerda, levarono preso ó cárcere de Santiago,aínda pronto saiu gracias as súas boas influencias e deu cartos para axudar a mellorar as condicións de vida dos presos que alí estaban retidos,todos de xeito inxusto,por pensar diferente.
Tamén oín por ahí que alguén está rematando unha tese de doutoramento na U.S.C. na que se vai falar moito da historia de grandes empresarios da comarca do Ullán,e por suposto incluese a Ramón Piñeiro e os seus antecesores e sucesores.Un saúdo.

roxo · 22-04-2009 a las 08:18

Estimado Daniel; ainda non consultei os anuarios espero facelo a finais deste mes,pero existen outras fonte de información, ( protocolos notariais, arquivos de empresas, testemuños,…) Das informacións que manexo o Piñeiro Eiriz foi presidente dunha asociacion cultural na vila de Padrón e non me consta, que non quere dicir que non fora, a sua presencia na agrupacion socialista obrera de Oficios varios, vinculado ao partidosocialista, e creada en 1919 onde si estivo como presidente D. Andres Garcia de la Riva na ultima xunta directica nomeada o 12 de xullo de 1936. Compre ter en conta que existiu outro Ramon Piñeiro nesa epoca.Con respecto a D. Tanis, comentar que salvou a sua vida por moitos motivos, os bos contactos; as amistades que tiña nos partidos da dereita da época ( entendendo por dereita a URD e os falanxistas); a militancia nestes partidos de empregados de lamparas Iria que o avisaron e axudaron nos momentos mais dificis.
Si algo sabia da realización dunha tese, xa que cando estaba buscando os arquivos de Lamparas Iria informaronme de tal circunstancia se ben non me souberon aclarar nin o autor nin o director da mesma.
Polo de Colombo, foi outras das persoas que salvou a sua vida neses momentos, todos os demais compañeiros foron pasados polas armas.
Unha aperta

DANIEL SEIJAS S.L. · 28-04-2009 a las 13:53

«roxo»,da gusto atopar nesta paxina web,persoas coma vostede que lle guste tanto coñecer o noso pasado «remexendo» nos «papeles vellos»,coa fin de coñecer,e de dar a coñecer cousas do noso pasado,do que tanto descoñecemos. Si non hai alguén que se poña a mirar o arquivos,non se avanza no coñecemento,e hoxe en día moita xente volveuse moi cómoda,e xa non e capaz de buscar un libro especializado e o único que fan e fiarse cegamente do que está en internet,aínda que tamén en internet,a través das paxinas dos Arquivos, existen moitas cousas moi boas que axudan e facilitan a investiagción.Bueno «roxo» encantado de atopalo neste medio.Un saúdo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.