Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Charlas para pais/nais no CPI Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

No CPI Pontecesures estase levando a cabo un programa de prevención do consumo indebido de drogas con tódolos alumnos/as da ESO coa pretensión de informar ó alumnado sobre este fenómeno e, sobre todo, fomentando habilidades e recursos persoais para que se poidan protexer co fin de evitar posibles problemas nun futuro.
O consumo indebido de drogas é un problema real e grave do nos país; o número de xoves (e non tan xoves) que teñen problemas coas drogas segue a aumentar: polo que debemos manternos informados e informar ós nosos fillos/as a través da escola pero tamén é fundamental o apoio dos pais/nais.
Ã? necesaria a comprensión dos pais, o diálogo e a dispoñibilidade para que os fillos tomen conciencia de cales son as actitudes e comportamentos máis axeitados para rexeitar calquer posible ofrecemento de consumo de drogas.

Para abordar e falar deste tema, haberá dúas reunións na Biblioteca do CPI Pontecesures o XOVES día 29 de MAIO ás 20:30 horas e o MARTES, día 3 de xuño, tamén ás 20:30 horas. A charla do día 29 de maio será sobre os FACTORES DE RISCO E DE PROTECCIÃ?N, mentres que a do día 3 de xuño tratará sobre ESTILOS EDUCATIVOS. ¿COMO IDENTIFICAR SE O MEU FILLO/A CONSUME DROGAS? ¿QUE FACER?.

O CPI Pontecesures fai un chamamento para que se asista a estas charlas pola importancia do tema.

Máis sobre isto

1 comentario

  1. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    A charla, impartida por Manolo Isorna, foi moi interesante. Aínda que estaban convocados tódolos pais/nais dos alumnos/as da ESO, só asistimos cinco persoas. Ã? realmente unha mágoa.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.