Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

A actuación das nenas do grupo de danza da ANPA do CPI Pontecesures, foi no Centro Social.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Como onte venres tivemos unha tarde de choiva e fresca o festival de danza, incluído nas Festas do Carme 2008, celebrouse no Centro Social de Pontecesures coa asistencia de bastante público.
Participou tamén un grupo de nenas da Escola Municipal de Danzas de Lalín cuxa presenza foi agradecida pola organización do evento.
Ã? rematar o acto unha das nenas máis pequeniñas entregoulle un agasallo á monitora, Sonia Míguez, polo labor que fixo en Pontecesures perante estes meses.
Fíxose un chamamento ós pais/nais para que a actividade extraescolar de danza da ANPA do CPI Pontecesures teñe no curso 2008/2009 máis alumnado.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.