O tren de cercanías no Baixo Ulla.
O primeiro camiño de ferro en Galicia foi o tramo Santiago-Carril, inaugurado en setembro de 1873. Por desgraza, esta liña non mellorou e, como todo o que non se renova, morre, que é o que lle toca a esta infraestrutura. Hai sen embargo nostálxicos que queren que nada cambie, que sigamos tendo un tren anticuado, un museo. O tren debe ser un medio de transporte seguro, económico e rápido. A rapidez é fundamental e esta non se consegue se pretendemos parar en cada lugar. Os municipios citados teñen unha poboación de 21.720 habitantes e unha superficie de 125 quilómetros cadrados o que dá idea da súa dispersión para que pensemos no tren como medio de transporte a non ser que pensemos nun metropolitano, sobre o que neste caso sobran comentarios.
Este tren impide que Valga se abra ó río Ulla e teñamos que soportar unha servidume de paso sen prestación algunha, por non ter estación nin apeadoiro. O que deben facer os dirixentes políticos dos catro concellos é mellorar o transporte público moi deficiente, e este non se consegue con un tren-tran público senón con un tren de cercanías do século XXI que aproveite o novo trazado. Debemos pedir que o tren pare en Catoira e potenciar a futura estación de Padrón commo estación para Valga, Pontecesures e Padrón e deixarnos de mirar para o ombigo; mellorar as infrastruturas para que os residentes nesta zona dispoñan dun transporte por estradas que os sitúa a dez minutos da estación de Padrón ou Catoira; debemos pedir que a vía actual Padrón-Catoira se desmantele, e desta forma, suprimir os pasos a nivel sen gastar un céntimo: debemos preguntarlle ao Ministerio de Fomento porque ADIF asina un convenio co Concello de Valga para suprimir cinco pasos a nivel no que se comprometeron moitos centos de miles de euros se para o 2012 vai estar terminado o novo trazado e quedará o existente fóra de servizo; debemos pedirlle a ADIF que extreme a seguridade nos pasos a nivel ata que desaparezan; debemos dicirlle aos responsables de Medio Ambioente que a liña actual ao seu paso por Valga bordea zonas da Rede Natura e pedirlle que aboguen pola súa supresión; debemos deixarnos de pedir paradas en Vilarello; debemos pedir a Fomento que a electrificación da nova liña sexa unha realidade en 2012 e que melloren as comunicacións co porto de Vilagarcía; debemos os homes e mulleres de Valga manifestar publicamente a nosa opinión sobre a supresión ou conservació da vía actual.
Antonio Rodríguez Touceda, Voceiro do BNG en Valga.
«Buzón del lector». LA VOZ DE GALICIA
6 comentarios
Luis Angel Sabariz Rolán · 13-08-2008 a las 19:26
Discrepo totalmente con tu opinión, Antonio, por las siguientes razones:
1-Todos los expertos y los asociaciones de amigos del ferrocarril coinciden en que un tren tranvía desde Vilagarcía hasta Santiago, por la vía actual con paradas en muchas zonas (playa de Compostela, Bamio, Catoira, Torres del Oeste, playa de Vilarello, Iria, etc..) sería un servizo fundamental para la comarca. ¿Por qué en varios paises europeos y en otras zonas de España existen las cercanías, y en Galicia no?.
2-Es incomprensible tu planteamiento de llevar un servicio de cercanías por la nueva vía. Puede haber una pequeña parte coincidente,pero nadie comprende como se pueden establecer cercanías desplazando el tren de los núcleos de población. ¿Que el nuevo AVE, o mejor tren 280 kmts, pare en Catoira?. Pero si la nueva vía va ir alejada del núcleo de Catoira. Además ese AVE va a salir de Vilagarcía: ¿Cómo va a hacer una nueva parada a unos 10 kilómetros de distancia?. No entiendo nada, salvo que quieras quedar bien con el BNG de Catoira que defiende la vía actual como el Concello de Pontecesures.
3-Hablas de que los vecinos de Pontecesures, Valga o Padrón,vayamos a coger el tren a la nueva estación del AVE cerca del campo de fútbol de Escravitude para ir a Santiago o a Vilagarcía, cogiendo previamente un transporte público. ¿Pero cómo un vecino de estos tres sitios para ir a Vilagarcía, va a desplazarse antes a esa nueva estación?. Ya estaría de sobra en el destino en su coche. Y uno de Catoira para ir a Santiago donde coge el AVE:¿Va a Vilagarcía, o a la nueva estación en la zona del campo de Escravitude?. En fin, un disparate.
4-Tu formación política defiende el tren (Paco Rodríguez, Olaia Fernández, etc..) de cercanías y que la gente no se traslade en masa a las ciudades abandonando los pueblos pequeños y villas. Tu postura parece que defiende el aislamiento. Justo cuando todos los estudios hablan del beneficio del tren y de que había que invertir en nuevos trayectos, la postura del BNG de Valga es desmantelar un trazado que ya tenemos.
5-¿Por qué nuestros hijos no pueden ir a estudiar a Santiago, Vigo o Pontevedra, o a la plaza desplazándose en un ten tranvía moderno?. Para disfrutar de la Red Natura, en la orilla del río Ulla, ya va a acondicionar el Servicio de Costas del Estado un sendero peatonal en condiciones.
6-Mi opinión es que debemos luchar por un servicio fundamental en los tiempos que vivimos. Parece que que tenemos que consentir que sólo haya tren en las grandes ciudades. ¿Y los demás, qué?.
Saludos, Antonio.
basta · 13-08-2008 a las 21:55
Coincido plenamente con Sabariz no seu anterior comentario (ás veces pásame). O pasotismo, deixamento e abandono do grupo frentista veciño, xógalle malas pasadas cada catro anos, xustificadas con declaracións como as que acabo de ler. De nostálxicos, en ton despectivo, tamén se lles acusa a outros por parte dos que queren borrar a historia en nome do falso progreso. O BNG está perdido co tren, outro galo cantaría se non formasen parte dese goberno bipartito PSOE-BNG, que penso que non fai máis que prexudicarlles. Os que hai pouco dicían defender os intereses duns,(nós) agora non fan máis que defender os intereses doutros(goberno) que nunca son os mesmos. A rapidez é importante, Antonio, pero tamén a rapidez nos prazos de licitacións e demais sinvergüencerías que acompañan ao AVE que nos intentan vender e polo cal sacarán réditos durante catro campañas electorais que é o que penso que tardarán en inaugurar un novo tramo.
Os argumentos baseados en servidume e bobadas varias son os mesmos que tiñan os opositores ás vías xusto naqueles anos que ti recordas. Os descendentes daqueles colleron o tren en Pontecesures para ir estudar a Santiago de Compostela.
O acordo ao que chegou Maneiro para solucionar o problema dos pasos a nivel, é suficiente para que durante os anos que quedan para eliminar a actual vía non pasen desgrazas como as anteriores. Ano 2012? Dáme a risa. Outra cousa é que ao BNG local lle joda o acordo.
Ti deixa que desaparezan as vías e logo, cando vos toque oposición, pide un proximidades.
Ninguén quere que o tren non evolucione, pero sen vías só evoluciona cara á desaparición. Só desexo que repitas o teu éxito electoral durante anos para que defendan os intereses da comarca os mesmos. Ah! e tamén che recomendo unha viaxe de cando en vez (non ás Canarias) para ver o que fixeron outros en procura do progreso
Palermo · 13-08-2008 a las 23:22
A ver «basta», dacordo co que dís, moi ben. Aproveitas a ocasión para tocarlle os collóns a «O Rei» ese trono de sabiduría adulado e adorado e idolatrado e que non se pode molestar coa «verba», cando él, coma corresponde a un Rei co dereito de pernada, pode cuestionarse que é eso de «grupo frentista veciño». «basta», diráche «O Rei» mañán ¿qué queres decir con eso de «grupo frentista veciño»?
O señor portavoz do BNG en Valga actúa como o que é un resorte opositor sen persoalidade, é dicir, a súa labor é levar a contraria a calquera proposta que o señor Maneiro (Alcalde), presente en relación co tren, esa é a súa labor. Ve «O Rei» para que sirven os medios de prensa, para difundir opinións sen coartalas nin mermalas, incluso opinións da mesma rama ideolóxica que a súa, por pobres que sexan ou infundamentadas como é o caso do señor Antonio, pero por ser pobres ou infundamentadas ou pouco atractivas non as debemos despreciar, señor «O Rei», ¿que dificil é ser coherente señor «O Rei»? e ainda máis difícil é ser humilde ¡baixa o fume! ¿porqué non lle preguntas agora a a «basta» que quere dicir con «grupo frentista veciño»? pois porque a resposta pode ser moi dura.
A todo esto «basta» permite que che recomende, ¡búscate un compañeiro! que che dirixa, porque ti «orientaste asejún veña o vento» empeza a preocuparme o teu criterio, pegas uns bandazons que nin ..(administrador agardemos que non me censures, xa que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos, ¿non era así?)
Antonio Cortés · 14-08-2008 a las 00:35
Palermo: Pregunta que require resposta/acción:
¿ A que ven «o rei» nesta entrada/comentario ?
Lembroche que os comentarios teñen que ir ca entrada, así que «solicitoche» que poñas outro comentario só ca parte relacionada ca entrada ou comentarios da entrada, xa que ahí tes un fora de tema claro e diáfano, e o teu comentario, coma tal, desaparecerá como ben indican as normas de uso.
A verdade non é propiedade de ningúen, está máis que claro, pero seguir as normas teñen unha razón de ser, evitar o caos. Estas normas podense cambiar, pero en base ó diálogo e a discusión sobre estas, o que non se pode é simplemente pasar delas.
P.D.: A min tamén me sorprendeu ver nomeado ó BNG coma «grupo frentista» seguramente porque estou fora e parece que puxose de moda na terra últimamente nomealo así. O mesmo pasalle ó rei.
basta · 14-08-2008 a las 19:30
Mira Palermo, aínda co risco de que Antonio Cortés me censure o comentario por fóra de lugar, non me quedo sen contestarche.
1. O primeiro parágrafo do teu comentario, aparte de erróneo, peca de prepotente; BABOSADAS. Xamais intentaría molestar a un dos visitantes desta páxina que pode alardear xusto pola contra que ti, de facer un comentario razoado, ordenado e humilde, sen faltar ao respecto nunca a ninguén
2. «O rei» pode preguntarme cando queira o que significa «grupo frentista» e asegúroche que a resposta xamais será dura, é máis, seguro non poderei contestarlle coa mesma sabedoría e saber estar coa que habitualmente contesta el aquí.
3. Acusas a Antonio de situarse en contra do tren por situarse á contraria de Maneiro, «sen personalidade», e logo acúsasme a min de dar bandazos.
Aí acertaches. Levo toda a vida dando bandazos, ben porque ningún partido político me lavou o cerebro, ben porque ningún político o conseguiu. E así espero continuar, sen ningún compañeiro dos que me recomendas me guíe, e valorando ás persoas e aos políticos polos seus feitos, e nunca pola súa ideoloxía.
PSOE, BNG, PP, están cheos de erros e virtudes, de militantes e cargos electos tan bos como malos pero a partes iguais. ? máis, un político pode ser tan loable hoxe cunha decisión, como criticable mañá por outra, e o que non sexa capaz de entendelo, estará falto de personalidade, practicando un seguimento cego e fanático. Se ademais é borde e prepotente, poida que esteamos falando de «Palermo».
Mil saúdos a o rei, pseudónimo ao cal respecto moitísimo, parabéns pola túa brillante carreira, da cal xa non só está orgullosa a túa familia, senón todo o pobo por ter un cesureño así. Espero o día que sexas o pregoeiro da festa da lamprea, que che toca «a juevo».
Boas tardes a case todos, e perdón por saírme de tema
Becquer II · 16-08-2008 a las 20:22
El tren le resbala
se carga la vía
mortal tontería
Antonio «Kubala».