Covsa executará o saneamento da rúa Eugenio Escuredo.
A pasada semana, a Xunta de Goberno Local adxudicou á empresa COVSA a obra â??Saneamento da rúa Eugenio Escuredoâ?�, por un importe de 41.349,06 â?¬. Esta obra pertence o Plan Provincial de Cooperación 2008.
Con esta actuación vaise levar o saneamento desta rúa do peirao de Pontecesures (parte da ponte interprovincial) ata a zona de bombeo do Telleiro, para que os vertidos sexan tratados na EDAR. E vontade desde goberno eliminar vertidos directos ó río Ulla e para iso esta obra se considera fundamental.
Espérase que os traballos comezen nos vindeiros días.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de Relacións Institucionais.