Texto da nota enviada ás vivendas de Pontecesures polo BNG local.
O GOBERNO LOCAL REXEITA EN PLENO AS PROPOSTAS REALIZADAS POLO BNG PARA MELLORAR OS SERVIZOS MUNICIPAIS.
Os veciños e veciñas de Pontecesures lamentan a insensibilildade mostrada polo goberno local de Pontecesures ao desprezar, por unha banda, ás persoas maiores e, pola outra, aos cativos e cativas que acoden ao colexio público, ao rexeitar no pleno da corporación municipal municiipal de decembro as propostas apresentadas polo BNG.
O BNG apresentou tres posibles infraestruturas para seren financiadas con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local, que ten previsto dotar ao noso concello con 555.000 euros e que consisten na construción dun comedor escolar dentro do recinto escolar do CPI Pontecesures, na construción dun centro de día e na construción dun paso elevado peonil sobre a N-550 que comunique o camiño de San Xulián coa rúa do Pilar.
No pleno cadanseu grupo político que compoñen o goberno local utilizaron argumentos semellantes para votar en contra das propostas feitas polo BNG, porque non pensan nos intereses, nos problemas, nas necesidades dos veciños e das veciñas de Pontecesures, porque remataron dicindo a alcaldesa e goberno local que «nós temos pensado outras obras e son estas as que se van facer e punto».
O COMEDOR ESCOLAR.
Os pais e as nais maniféstanse contrarias a que a Consellería de Educación coloque no recinto escolar un comedor prefabricado, en lugar de un semellante ao que contan a grande maioría dos centros escolares de Galicia e non comprenden como dende o goberno municipal se xestiona un comedor de campaña, prefabricado e por enriba poñes cartos desde o Concello de Pontecesures. A comunidade educativa de Pontecesures, sobre todo os pais e nais representados pola ANPA mmanifestaron ao Concello e ao delegado provincial a súa oposición a ese tipo de instalación. Asi pois o BNG atendendo as reivindicacións dos pais e nais propón que, con cargo a estes fondos, se constrúa un comedor escolar de calidade, con fondos públicos alleos ao concello e non con fondos municipais.
Ao negarse a que esta ¡obra se inclúa no plan estatal estáselle a negar aos pais e nais, presentes e futuros, as súas demandas, que verán como nun futuro próximo non contarán cun servizo educativo complementario da calidade que merecen.
CENTRO DE DÍA.
No caso do centro de día son as persoas maiores as que lamentan o deseinterese que amosou e amosa o goberno local por esta infraestrutura, necesaria e cada vez máis demandada polos veciños e veciñas, que xa na actualidade teñen que usar o servizo que ofrece o centro do Concello de Valga que nestes momentos acolle xa a usuarios e usuarias de Pontecesures e non acceden máis porque xa está completo. O BNG puxo de manifesto diante deste goberno, que a xente de Pontecesueres non merece que, chegando case a metade do seu mandato, non tivera realizado ningunha xestión diante da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, de responsabilidade do nacionalista Anxo Quintana, para que o centro de día fose unha realidade canto antes, feito que recoñeceu o goberno local, pero por cuestións partidistas e de confrontación non queren subsanar.
PASO ELEVADO EN SAN XULIÁN.
Entre as obras propostas está o paso elevado entre o centro do pobo e San Xulián, que mereceu tamén a negativa do goberno local, fundamentalmente do tránsfuga Sabariz, funcionario do Concello de Sanxenxo, e a quen nada lle importa o benestar ou a seguridade dos veciñas e veciños de Pontecesures. O perigo que supón o paso diario de peóns entre o centro do pobo e San Xulián eliminaríase totalmente coa instalación dun paso elevado, pero o tránsfuga Sabariz non quere, pòrqu di que lle molesta na súa vivenda. Resulta bochornoso, coa complicidade da alcaldesa e do Partido Popular, que se antepoñan os intereses particulares do tránsfuga Sabaria á seguranza dunha grande parte de veciños e veciños que teñen que facer diariamente ese camiño.
CONCLUSI?N.
Ao xuízo do BNG calquera destas obras pode seren incluída no Fondo Estatal de Investimento Local se o goberno local fose receptivo e mostrase interesa por elo, pero teñen demostrado que non lle interesan e non queren levar a cabo infraestruturas que propoña o BNG por moi necesarias que sexan, aínda que esta postura prexudique aos veciños e veciñas de Pontecesures.
Para contactar co BNG de Pontecesures:
* Teléfonos 629 332905 e 671 575909
* Correo electrónnico: bngpontecesures@hotmail.com
* Blog: bngpontecesures.blogspot.com
6 comentarios
estudiante · 13-02-2009 a las 19:18
Este home vaise desmendrellar. Por un lado o Bloque manda ás casas a nejativa do joberno a facer un paso elevado para San Xulián porque lle molesta a Sabarís cerca da súa casa. Por outro o PSOE local recomponse, ARROPÁNDOO A PLANA MAIOR DO PARTIDO, e él queda excluido definitivamente cerrándolle as portas a un reingreso no PSOE. Oin que nin siquera vai ir á cea nin él nin os afliados acólitos. POBRE. Pas próximas ficha no PP ou na Terra Galeja de Maribel Castro.
Luis Angel Sabariz Rolán · 13-02-2009 a las 23:44
Segue erre que erre, agora en campaña, o BNG manipulando á opinión pública. Como se explicou no pleno é imposible incluir no fondo as obras que non son de competencia municipal como o comedor (Consellería de Educación) e o paso elevado (Ministerio de Fomento). Ademais o centro de día, segundo o orzamento elaborado en tempos do goberno nacionalista, o centro de día custa máis de 700.000 euros. ¿Como se incluiría a actuación con 555.000 euros?.
Agora ben: o que é impresentable é atacarme persoalmente, dicindo que teño intereses en que non se faga o paso elevado e que non me importa o pobo nin a súa seguridade. Vaise facer a beirarrúa polo talud e o paso de peóns, e non me gustan estéticamente os pasos elevados, nin estou de acordo con costruílos por diante da casa de ninguén do pobo. Por suposto que a calquera propietario lle molestaría.
Resulta sorprendente que o BNG, que gobernou perante 8 anos, e nin citou esta cuestión (eu sí enviei numerosos escritos a Fomento pedindo o paso de cebra e fun varias veces ó Servizo Provincial de Estradas do Estado)) estando no poder, veña agora con este tema. ¿Como non me vai preocupar a seguridade da zona se son un dos máis afectados?¿Se a miña filla, e antes os meus fillos, ten que ir e vir tódolos días ó colexio cruzando a nacional?.
Pois parece que son eu, que non teño nada que ver con estas eleccións, o obxectivo dos nacionalistas. Insólito.
Mira «estudiante». Nunca fun petando á porta de ninguén para entrar en ningunha formación política. Sempre me viñeron a chamar. Non me preocupan nin as cenas, nin os actos políticos de campaña. Que lle vaia ben a todos. Preocúpome de conquerir algunhas cousa para o pobo e o meu desexo é que cando non forme parte da corporación e me cruce con alguén na rúa, este poda dicir: «Hai vai Sabariz o que foi concelleiro. Ese errou moitas veces, pero foi honrado, non comeu con acompañantes sen identificar, non favoreceu co urbanismo fincas de amigos ou familiares, non mandou máis de 1.200 menxases de texto a un mesmo número dende un móbil do concello, non ordenou obras particulares de mellora pagandoas o concello, e tantas e tantas cousas».
Non me desmendrello, «estudiante». Mentres siga sendo concelleiro tratarei de cumprir coas obrigas que teño.
o.gcv · 16-02-2009 a las 23:59
Sabariz, unha cousiña…… unha das ¨cousas¨que tiña que estudiar o concello para este pueblo, era o de poñer algunhas bandas sonoras dende a rotonda do cruce para villagarcía, hasta a vía do tren, hai veces, que algúns coches pasan a máis de 80 km/h, e dígocho, porque eu vivo nese tramo, e algunha vez dá moito medo escoitar o ruído da velocidade á que van algúns coches, e o outro día, puxen un pé no paso de peóns frente ó bar mambis, e baixou un coche de enfrente á librería de Manola, e casi me leva por diante, porque nin siquiera fan o STOP nesa baixada de enfrente á de Manola. Penso que sería ben estudialo, xa non digo por todo o centro, pero polo menos hasta a vía do tren.
Luis Angel Sabariz Rolán · 17-02-2009 a las 17:28
? un tema discutido «o.gcv», e penso que se debe analizar con motivo das obras de urbanización que se van realizar, dentro de pouco, nas rúas centrais. De tódolos xeitos nunca serían bandas sonoras, senón pasos de cebra cun firme máis elevado («monticulos» vaia, pero sobre todo o paso).
Sí está decidido que na obra remodelación do peirao que vai acometer Portos de Galicia, se acometa a construción dos «monticulos» nos pasos de cebra da rúa Eugenio Escuredo.
pandorcas · 17-02-2009 a las 18:01
Repito o que xa dixen alguha vez Posto que non che gusta o paso elevado podedes soterralo asi non lle molesta ao señor Pero facede algo que iso non e para vellos que queiran ir arezar o cimiterio e non digamos nada da xente de San Xulian tamen podiades poñer un super e unha plaza do peixe en San Xulian asi non teriamos que cruzar tantas veces.
o.gcv · 17-02-2009 a las 20:15
tanto me dá ke sean bandas sonoras como montículos, a verdad, e ke son mellor os montículos, xa que se poden ver por ejemplo en villagarcía, e son moi viables. espero que se faga algo no centro, porque algunhas persoas maiores quéixanse da velocidade de algúns vehículos, á que eu me uno.
gracias.