Un interrogatorio para achegarse aos veciños.
O párroco de Pontecesures, Arturo Lores, foi o primeiro protagonista do programa.
O pasado venres, a emisora de radio do Concello de Valga estreaba unha nova sección no programa vespertino ??Moito máis que música?, que presenta o director, Héctor Bermúdez.
??Entrevista para sentencia? é o título do novo espazo que cada venres, arredor das seis da tarde, vai achegar, a través das ondas da radio, a distintos persoeiros dos concellos aos que chega o sinal de Radio Valga.
O encargado de estrear esta nova e participativa sección foi ??un membro do clero?, tal e como se dicían nos prolegómenos do programa: Arturo Lores Santamaría, o cura párroco do concello de Pontecesures.
De todos é coñecida a intensa actividade que está a desenvolver o sacerdote no municipio, xa que, entre outras cousas, forma parte do coro ??A Barcarola?, compartindo partituras e escenario coa propia alcaldesa da localidade, Maribel Castro Barreiro.
Interrogatorio > Para ir entrando en materia, Lores Santamaría falou sobre os seus inicios na carreira eclesiástica, da que di gardar bos recordos, así como da súa vida en Vilanova de Arousa, concello de onde é natural.
Unha vez o sacerdote foi dando a coñecer algúns dos seus gustos, como que é amante do fútbol e siareiro do Deportivo da Coruña dende os seus primeiros anos de carreira relixiosa, co que viviu distintos momentos tensos, tanto a través da televisión como no estadio. Tamén gusta de ir ao cine; de feito, a última cinta que veu foi ??Australia?, con Nicole Kidman.
Á marxe das preguntas feitas polos oíntes, o sacerdote tivo que contestar algunhas cuestións algo espiñentas realizadas polo director sobre temas como a eutanasia, o aborto, as parellas de feito, tanto heteros como homosexuais. Aquí, o que quedou claro é que Arturo respecta á persoa.
DIARIO DE AROUSA, 18/02/09
2 comentarios
Vaticanista · 20-02-2009 a las 20:21
Bo tipo este Don Arturo, e mais aberto co cura anterior, e tamén moito menos pesetero, aí non hai color.
o.gcv · 20-02-2009 a las 23:28
ai moita diferencia, tamén D. Severino, xa era máis maior e xa estaría do pueblo hasta a mismisma coronilla……….
pero así e todo, D. Arturo é moi bo chaval, sinon preguntádelle a calquera neno ke vaia ó catecismo.