Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

Concursos de Debuxo e Fotografía.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

A Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade, dependente da FEGAMP, ven de convocar dous concursos dirixidos a xente moza:

I Concurso de Debuxo. “E TI… QUE PINTAS NO MEDIO?
I Concurso de Fotografía: “ENFOQUE AMBIENTAL”

Ámbolos dous concursos son sobre temática medio ambiental.
O prazo de presentación, tanto dos debuxos coma das fotografías, remata o vindeiro día 26 de marzo de 2009.
Para máis información pódese consultar www.fegamp.org. As persoas interesadas poden recoller copia das bases destes concursos nas oficinas da Casa do Concello.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.