Os 3.000 quilos de anguía escorregáronse nos pratos da XXI Festa Gastronómica.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

QUINC

CaQI

Andrés Quintá visitou os postos adicados á caña do país.

A XXI edición da Festa da Anguía e XIX da Caña do País de Valga foi un novo éxito de público que demostrou unha vez máis o tirón que ten este animal mariño (e o licor) dentro do menú dos veciños da localidade, que ateigaron ao mediodía de onte o campo da festa. A celebración, que durou todo o día, comezou á unha en punto co pregón a cargo das ??Cantareiras de Ardebullo?. Despois deste peculiar espectáculo, foi o turno do recoñecemento aos premiados desta festa. Na categoría das mellores cañas, os vencedores foron ??José Lagos (tostada), Jesús Ríos (herbas) e Manuel Martínez (branca). No que restou de xornada foi o turno da comida, na que participaron autoridades como o alcalde, José María Bello Maneiro, a rexedora de Pontecesures, Maribel Castro, o vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, e o presidente de Extrugasa, Andrés Quintá.

Xornada de premios, moito humor e boa comida en Valga, que celebrou onte a XXI Festa da Anguía e a XIX da Caña do País, toda unha simbiose que fixo as delicias de milleiros de veciños e turistas que se achegaron ata o campo da festa da vila do Ulla.
Preto de 3.000 quilos de produto deron para ter anguía (e polbo) suficiente para tanta xente e durante toda a tarde as cociñas e os postos estiveron preparados para recibir a unha avalancha de comensais.

Como é costume, foi despois do pregón e a entrega de premios, xusto ao mediodía, cando máis pratos se venderon, aínda que non se produciron colas importantes de clientes e apenas faltou produto (só rosquiñas).

En Valga, expertos e profanos da anguía tiñan ao alcance do seu dente ata seis modalidades distintas deste escorregadizo animal. De feito, a porposta ideal era a bandexa de seis pratiños con mostras de todas as variedades existentes. As esforzadas cociñeiras da vila preapraron empanada de anguías, paella, anguía guisada, con cachelos, con pementos, rebozada e ??Bella Otero? (con pementos de Padrón que, certamente, uns picaban e outros, non).

Este selecto prato tiña un prezo de 15 euros, sen incluir bebida (a tarde contou cun sol de xustiza e todas as súas consecuencias), aínda que tamén había menú individual por seis euros e rosquiñas.

Recoñecementos > A organización da dobre festa valguense quixo agradecer un ano máis a todos aqueles que axudaron a darlle notoriedade ao evento local. Para iso deseñou unha entrega de premios en que autoridades e premiados compartiron o palco que ??quentaron? as ??Cantareiras de Ardebullo? (que son para darlle de comer aparte).

Entre as autoridades estaban o alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, o ex rexedor Daniel Barreiro, a máxima responsable do veciño Concello de Pontecesures, Maribel Castro, o vicepresidente da Deputación Provincial, José Juan Durán, e o presidente de Extrugasa, Andrés Quintá.

Eles foron os encargados de entregarlle os premios aos vencedores, que na categoría de cañas do país foron José Lagos Aboy (tostada), Jesús Ríos Buceta (herbas) e Manuel Martínez Blanco (branca).

No concurso ??embelecer Valga: O lugar máis fermoso? venceron os veciños de Casaldeirigo, que se impuxeron aos de San Miguel e Barro, segundos e terceiros respectivamente.

Os mellores carteis foron, en categoría infantil, o de Brais Otero Casal, e en adultos o deseñado por José Luis Barca Bravo.

DIARIO DE AROUSA, 31/08/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.