Radio Valga organiza unha cea baile para os oíntes con motivo do décimo aniversario.
A emisora Radio Valga festexa esta fin de semana, concretamente o sábado, día 21 de novembro, o seu décimo aniversario, motivo polo que organizou, como xa ven sendo costume dende hai anos, unha cea-baile á que poden asistir tódolos seus oíntes. A festa terá lugar no restaurante Scala, en Padrón, a partir das dez da noite. Alí servirase unha cea, con lenguado e tenreira, a un prezo de 25 euros por persoa. Cada asistente recibirá un agasallo e sortearase unha viaxe a Palma de Mallorca para dúas persoas e unha fin de semana nunha casa de turismo rural, ademais doutros regalos donados por empresas e casas comerciais da comarca.
Trala cea haberá barra libre amenizada pola música da orquestra Foliada, que porá o ambiente para que todos os participantes bailen e disfruten ata ben entrada a noite.
A día de onte eran unhas 250 persoas as que estaban anotadas para acudir á cea-baile. Os máis rezagados aínda están a tempo de confirmar a súa asistencia. Terán de prazo ata o xoves pola tarde e só teñen que acudir a unha sucursal de Caixanova e efectuar o pago dos 25 euros.
DIARIO DE AROUSA, 18/11/09
0 comentarios