Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Deportes

A Arrincadeira acadou o 2º premio no concurso de comparsas de Padrón.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Este grupo, que gañou o concurso o pasado domingo en Pontecesures, obtivo hoxe sábado, 20 de febreiro, en Padrón o segundo premio para comparsas/grupos de ata 20 membros (200 euros).
Esta comparsa, que representaba varias atraccións de feira, precisamente da Pascoa de Padrón, esta integrada por moitas persoas que viven en Pontecesures.
No concurso houbo moitísimo nivel, e acudiron moitos grupos e comparsas de diversos lugares de Galicia.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.