Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

O programa de Farruco da TVG fixo hoxe unha reportaxe sobre a organización das Festas do Carme 2010.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Na mañá de hoxe, 9 de xuño, un equipo do programa gravou imaxes sobre a petición polas portas dos colaboradores, e solicitou opinións tanto a estas persoas como aos veciños de Pontecesures que ían dando os donativos. En concreto foron veciños da rúa do Castro en San Xulián.
O programa, que será emitido precisamente o domingo do Carme, trata sobre a problemática da organización das festas nos pobos de Galicia, e que cada vez é máis difícil involucrar a xente para formar comisións na sociedade que vivimos.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.