Javier Sánchez-Agustino Mariño: Presidente da Fundación da Ruta Xacobea Mar de Arousa Ulla.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A entidade aglutina 22 concellos ·· Hoxe decidiránse os dous premios convocados pola entidade dotados con 4.000 euros cada un ·· Na recámara queda un certame infantil e un descenso en piragua de Padrón a Vilagarcía.

Leva uns meses á frente da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla que fundou o seu pai, José Luis Sánchez-Agustino. Pero leva mamado dende o berce o seu espíritu: a promoción do Camiño da Traslatio, a ruta do mar que «trouxo o corpo degoiado do Apóstolo Santiago de Jaffa a Padrón. Sen dúbida, o primeiro dos Camiños Xacobeos». Como promoción da mesma, a fundación acaba de pechar a convocatoria de dous premios, dotados cada un deles con 4.000 euros. Trátase do certame periodístico literario e o de fotografía. Hoxe darase a coñecer o resolución.

?? ¿Cal é a súa temática?

?? A temática é o feito Xacobeo. No de fotografía premiaremos a capacidade de captar algunha imaxe do Xacobeo, da ruta marítimo xacobea que aglutine os 22 concellos do padroado. No periodístico literario son os artigos que fagan un tratamento desta cuestión e mesmo dende a investigación, que nos proporcione unha imaxe nova. Premiaremos a orixinalidade e a novidade do tratamento do tema relacionado coa ruta do mar.

?? Esta é, xunto a nova guía, unha das tantas iniciativas que ten a fundación para a promoción da ruta

?? Pois si. A nova guía é en realidade unha reedición da anterior pero agora fixemos un esforzo para o traballo de campo novo, con actualización de material gráfico e de texto novo cunha tirada de 12.000 exemplares que teñen como obxectivo dar a coñecer novamente os 22 concellos. Aquí está o máis importante, o máis relevante da parte patrimonial, ornamental, cultural, monumental e de festas dos 22 concellos. Ao mesmo tempo recóllese unha síntese do que é a fundación e a historia da ruta. A fundación leva traballando dende 1963 aínda que non se constituíu como tal ata 1999.

?? Di vostede que a publicación dá pinceladas esquemáticas, pero a guía ten moita información e é que a ruta marítima dá para moito.

?? Nós dicimos que este é o primeiro camiño de Santiago. Evidentemente sen ruta de traslación, sen o feito da translación mesma, non existiría o Camiño de Santiago, nin existiría a mesma Compostela. Evidentemente, se no 813 d. C. non se descubrise o sepulcro do Apóstolo Santiago e non se dese vida o que é a translación do discípulo de Xesús, chegariamos a conclusión de que non existiría nada do feito xacobeo. Por iso nós dicimos que este é o primeiro dos camiños de Santiago. ¿Que dá para moito?. Evidentemente que si. Somos 22 concellos que reúnen unhas sinerxias nun momento de crise e, donde, por riba de ideoloxías políticas, camiñan xuntos cara a un obxectivo común: a promoción cultural e turística. Polo tanto, a fundación quere traspasar fronteiras e dar a coñecer ese camiño que, a pesar de levar tanto tempo traballando nel, quizá pola preponderancia doutros camiños como o francés, fan deste o menos coñecido. Por eso a edición da nova guía, que tamén está en versión dixital, e outras iniciativas nas que estamos a traballar en prol da promoción.

?? Vostede chegou á fundación no pasado mes de marzo, despois do falecemento do seus pai. Semella que ese era o camiño natural, ¿non?

?? Se era natural ou non eu non o sabía. O certo é que acudín a unha reunión do padroado como invitado e saín como presidente. Non puiden dicirlles que non aos representantes dos 22 concellos que confiaron nese momento nunha persoa para continuar cun legado de carácter cultural que non é de ninguén senón de todos porque é a unión da vontade. Nós presumimos de ser a única fundación cultural de carácter público na que se reúnen 22 concellos e na que dende fai máis de 40 anos, non houbo ningún problema

?? Iso non impide que teña vostede moitos proxectos na cabeza para a fundación

?? Ademáis dos premios e da nova guía, estamos traballando nun concurso infantil sobre a temática xacobea da ruta marítima. Temos previsto para o ano que v?n o primeiro descenso do Ulla en piragua Padrón-Pontecesures-Vilagarcía. A acuñación dunha moeda histórica achada en Agro Vello NO Grove e moitas máis iniciativas próximas aos concellos como son as xornadas xacobeas e a rehabilitación dos 17 cruceiros de pedra do Vía Crucis marítimo que foron instalados no 1965. Nós levamos facendo Xacobeo dende o 63, candon non existían Xuntas, nin Estado, nin administracións que separaran estas cuestións.

?? Di vostede que a fundación non entende de xacobeos, nin de anos santos, supoño que entón non lle teñen medo a ese val de 11 anos para o vindeiro Ano Santo?

?? Por suposto que non. Períodos valeiros de 11 anos nós xa os vivimos e imos pasar estes perfectamente.

?? ¿Notouse este ano un incremento de visitantes?

?? Si, evidentemente. Cada vez hai más peregrinos e visitantes que chegan a Santiago pero que non é ese o punto final da peregrinación, senón que é Padrón e despois todo o que representa a riqueza turística, ambiental, paisaxística e cultural da nosa ría de Arousa e Ulla.

O perfil-Naceu 0 21 de setembro de 1968 en Vilagarcía.
-? licenciado en dereito, avogado en exercicio, profesor da Escola de Práctica Xurídica da USC. Tamén é concelleiro de Santiago e columnista de EL CORREO GALLEGO.
-? un afeccionado á bici de montaña, ó senderismo e montañismo, á navegación a vela e á lectura.
-Se tiviese que elixir unha imaxe dalgúns dos 22 concellos que forman parte del patronato de la Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla quedaría cos solpores da praia vilagarciana de Compostela.

TIERRAS DE SANTIAGO, 09/11/10


1 comentario

DANIEL SEIJAS S.L. · 10-11-2010 a las 02:38

Está máis que demostrado,dende fai moitos anos, que o descubrimento da Arca Marmorica onde disque esta soterrado o Apostolo Santiago (ou Prisciliano), polo bispo de Iria Teodomiro nunca foi no ano 813, como dí o presidente da Fundación. Esto foi algo máis moderno, hai quen o situa no ano 825, sen embargo é máis seguro que fose no ano 829, segundo as investigacións do gran profesor mediavalista Dr. Fernado López Alsina.
A data do 813, é algo que se puxo antigamente de xeito inventado,para dicir que o sartego do Apostol fora visitado polo emperador Carlomagno e darlle máis prestixio ó «locus santi», xa que Carlomagno morreu no 814 e asi o conto podia facerse verdade, cando na realidade Carlomagno nunca estivo en Santiago e si se puxera a data real de 829, na tradición propagandistica non se podia meter o conto de Carlomagno,posto que morrera 15 antes. Polo tanto penso que é obriga do sr.Presidente poñerse máis ó dia das investigacións existentes.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.