Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Reparan deficiencias na marquesina da estación do tren de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Dende hai varios días varios usuarios do tren queixáronse diante deste concello porque na marquesina do andén principal da estación de Pontecesures nestas xornadas de choiva entraba moita auga que baixaba pola fachada do edificio, provocando charcos xunto ao mobiliario e incluso o abombamento dalgún elemento do falso teito.

Fixéronse varias xestións co Servizo de Circulación de ADIF en Vigo, e no día de onte, persoal da empresa de mantemento limpou e acondicionou os canalóns e as baixantes da marquesina. O atascamento (incluso apareceu alguna litrona no tellado e nos canalóns, procedente do botellón que ás veces se celebra no recinto) ao parecer é a causa principal das filtracións.

Quedou arranxada a deficiencia, pero vaise facer unha comprobación máis a fondo por se hai outras causas que provoquen a entrada da auga.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.