Causan danos na traída de augas dun particular afectado pola obra de saneamiento dos accesos a Porto de Arriba.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Nestes días estase a executar esta obra incluída no PPC 2010 para a que foi necesaria a formalización de importantes cesións por parte de particulares. Pois ben; temos que lamentar que, na pasada noite, alguén arrincou o contador e tirou das mangueiras que abastecen a unha casa que precisamente cedeu parte do seu patio. Provocáronse danos na conducción interior da casa e agora os seus ocupantes non teñen subministro.
Terá que ser o concello o que afronte a reparación. Parece realmente incrible que haxa persoas que sean quenes de causar estes estragos prexudicando así aos veciños.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.