Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

Nota íntegra da ACP sobre a organización da obra de monicreques en Carreiras.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Está agrupación xa enviou unha nota criticando a nula difusión deste acto no que Titeres Cascanueces representou con monicreques a obra â??O ferreiro e o diañoâ?� en Carreiras. Pero é que agora temos novas moi desagradables sobre a nefasta organización do acto. Así.

-O persoal do concello chegou unha hora tarde para, cos integrantes do grupo teatral, preparar na rúa a montaxe do espectáculo.

-Non houbo previsión algunha en materia de tráfico nin información previa do evento aos veciños do lugar. Deste xeito, comezada a representación, un veciño comezou a retirar as cadeiras da rúa e pasou co seu vehículo polo vial interrompindo ó acto. A obra tivo que comenzar de novo, algo insólito en Pontecesures dende sempre.

-A pesar destas incidencias tan lamentables, ningún membro do goberno local se achegou a tratar estes problemas co grupo artístico, nin a pedir desculpas. Tiveron que ser varios veciños de Carreiras os que deron a cara apoiando ao grupo teatral.

Dende logo, a imaxe que se transmite do concello con este desastre organizativo prexudica a todos. Se esta é a maneira de promocionar a cultura en Ponteceusres, mal imos. Temos tres concelleiros que cobran dedicacións exclusivas e moitos pensamos que para que, se logo se desatenden as obrigas e se lle falta así ao respecto aos profesionais do grupo artístico e aos veciños tanto de Carreiras como do resto do municipio.

Máis sobre isto

5 comentarios

  1. Caminante

    Evidentemente, fallo organizativo, sen dúbida. Irrefutable. Nada que obxetar.

    Polo tanto criticable e censurable, pero non creo que o acontecido sexa para tanto como para considerar que daña a imaxe de Pontecesures.
    Ã? un gran fallo organizativo do actual equipo de goberno, polo que fai ben, pois é a súa obriga como oposición, denuncialo.
    Esto lévame a facer dúas preguntas:
    a) donde está a “oposición” do PP do señor Seage Vidal?
    b) donde está a “oposición” do partido da ExCartos?

    Creo que fallos organizativos, en Pontecesures, sempre os houbo. Mire, lendo a súa nota lembreime, por exemplo, dos nenos da cabalgata de reis do 2010, cando tiveron que estar ao frío de xaneiro case que tres horas esperando á chegada a nado dun “notas”. E que era o que facían mentres os membros do goberno? a ExCartos co ramito, o señor Randulfe “soltar” frases para a historia de Pontecesures… e vostede, co seu daquela ( que tempos, recorda?) inseparable, admirado, querido megáfono.
    E daquela, o BNG, entre outros, criticou esta falla de organización, que a pesar das súas explicacións, todo o mundo viu. Sabe o que dixo entón vostede; “Na súa nota catastrofista, o BNG quere sacar rédito político, a posteriori, da situación, tratando de deixar mal o nome de Pontecesures […] recoller todo tipo de comentarios da rúa […] que triste formar parte dunha corporación para desexar que todo saia mal”
    Pero en fin, esto é a política.

    Responder
  2. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Non vou a entrar no tema da travesía de Meca. Foi un acto multitudinario, no mismo día da cabalgata, con horario de chegada imprevisible, con pais e nenos do peirao para a Plazuela e viceversa querendo presenciar os dous eventos, etc…Adoptáronse ese día decisións difíciles sobre a marcha, alí estabamos para facelo, e din as explicacións oportunas logo das opinións da oposición.
    Nada que ver co ocorrido en Carreiras. Alí a desidia do goberno local provocou un feito insólito. Alguén retirou unhas cadeiras da rúa, pasou cun vehículo interrompindo a obra e tivo que principiar de novo a representación. Vaia imaxe.
    Eu no de Meca e na cabalgata estiven, colaborei (con megáfono e sen megáfono) e con cobraba nada por dedicación exclusiva. En Carreiras houbo concelleiros que non estiveron, que non colaboraron co evento e que perciben un salario pola súa dedicación exclusiva.

    Responder
  3. Caminante

    Rápidamente:
    a) de nada sirve estar, se nada se vai a solucionar. Iso foi o que pasou o día da cabalgata.
    b) plantéxolle unha pregunta; que é mellor, non estar ou acudir para figurar, como acostumaba a facer a señora Castro, á que subvencionaba, lembre, cunha suculenta adicación exclusiva da que antes nunca falaba?
    c) outra preguntiña; están obligados os concellais con adicación parcial a acudir a tódolos actos que se leven a cabo no concello? a todos? Creo que esta caendo nun populismo rancio e simple.

    Creo que os actos no concello teñen que publicitarse con antelación e logo organizalo evento o mellor posible. Isto non pasou o venres.
    A min persoalmente, non me gusta de ir a ningún acto no que os nosos “políticos” acodan a estes única e exclusivamente a (perdón polo termo) “campañear”, a que o vexamos e no seu caso, escoitemos. Nunha palabra, a figurar.

    Responder
  4. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Voltemos ao tema, “Caminante”. Están aquí expostas as deficiencias organizativas no acto teatral de Carreiras e para min a desidia do goberno local foi a responsable de que o concello quedara tan mal diante dos veciños de Carreiras e diante do grupo teatral. Haberá quen non lle de importancia pero eu doulla.
    No posible, sempre tratei de estar nos actos culturais, preocupándome de que sairán o mellor posible na súa difusión previa e no seu desenvolvemento. Claro que pode haber erros organizativos aínda que lle adiques moito tempo a estas funcións, pero neste acto de Carreiras teño toda a impresión de que os erros xurdiron polo desinterese, e por non valorar axeitadamente o goberno local a trascendencia dun evento, que ten a súa importancia. E iso non debe ocorrir nun goberno onde cobran adicacións exclusivas tres concelleiros, por moitas cinco horas diarias de que nos fales. E despois falamos todos de defender a cultura.

    Responder
  5. ife

    Esto si que ten gracia demandar a presencia dos que non cobran nin forman parte do goberno para que protesten. Estades de coña ou realmente pensades o que decides?

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.