Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Deportes

Por 4-0 gañou o combinado Riveiro-Bar Muelle ao combinado do resto dos equipos na homenaxe a “Mon”.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

O partido de fútbol tivo lugar ás 11 horas nun dos campos de herba sintética de Campaña. Nun emotivo acto, con moitas bágoas en familiares e amigos de “Mon”, a organización entregou ao remate do encontro á viúva de Ramón Barreiro Portas un ramo de flores e unha placa conmemorativa. Estaban presentes neste acto moitos familiares, amigos e deportistas, así como varios membros da corporación municipal de Pontecesures que foron convidados ao encontro.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.