Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

O peón Antonio Rodríguez Rodríguez contratado de novo ata o 31 de marzo.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Por diversas dúas baixas por enfermidade, só queda un encargado para obras e reparación e, segundo a resolución da alcaldía, precísase contratar unha persoa para cubrir as necesidades no día a día neste servizo.

No segundo parárafo da resolución dise textualmente: â??Visto que, logo da selección efectuada polos programas de Cooperación 2011, tivéramos unha lista de puntuación entre os candidatos que se presentaron ó posto, procederase á contratación por parte deste Concello para cubrir esta eventualidade á persoa, que, logo de ter traballado estes meses demostrou experiencia en manexo de maquinaria e ferramentas de construción, entre as máis valoradas polo tribunal que valorara ós aspirantes ó postoâ?�.

Deste xeito o alcalde resolveu contratar de novo como peón a ANTONIO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, que xa prestou servizos dende o 21 de febreiro ata o 7 de marzo, dende o 16 ata o 31 de marzo.

Lémbrase que o tribunal en cuestión puntou en xuño pasado aos catro peóns que prestaron servizo perante sete meses ata mediados de xaneiro de 2012 do seguinte xeito: 1. Isolina Caldelas Agrasar, 8 puntos 2. Antonio Rodríguez Rodríguez, 7 puntos 3. Francisco Refojo Cascallar, 6,50 puntos 4. Remedios Rodríguez Requejo, 6,50 puntos

Máis sobre isto

1 comentario

  1. Tiroliro II

    Outra vez contratando a dedo, e deixando a necesitada Isolina fora, a pesar de ter a mellor nota, non hai remedio, favores e nada mais

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.