Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

Andaina solidaria en Pontecesures.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

ANDAINA SOLIDARIA (Sábado 30/xuño/2012)

Organiza: Concello de Pontecesures.

Colaboran:

  • Fundación Amigos de Galicia.
  • Plan Galicia Saudable.
  • FINSA.
  • Clínica Podolóxica Andaina. Que ofrecerá os seus servizos aos participantes se se dese algunha incidencia (lesión,…).
  • A gardería municipal e a ludoteca de verán do concello permanecerán abertas durante a andaina e ofrecerán os seus servizos gratuítos aos participantes na proba.

Sábado 30 de xuño ás 9.30 na Plazuela de Pontecesures. Concentración ás 9.00 e saída ás 9.30.

Non é necesaria inscrición. Para participar o único requisito é a entrega á organización dalgún alimento non perecedeiro. Todos os alimentos reunidos serán entregados á Fundación Amigos de Galicia. No momento da entrega dos alimentos os participantes recibirán unha camiseta co logotipo da andaina. Tamén se poden entregar estos alimentos durante a semana do 25-29 de xuño na Casa do Concello.

A Fundación Amigos de Galicia faráse cargo dos avituallamentos durante a andaina.

O percorrido é duns 8 km. e será tanto polo centro de Pontecesures como polos arredores, seguindo o seguinte itinerario:

Saída dende a Plazuela (9.30 horas):

CENTRO: Rúas San Lois, Sagasta eVíctor García.

PEIRAO: Eugenio Escuredo.

PORTO: A Calera, Rúa do Campo, Subida ao Campo, Caldeirón de Abaixo, Praza dos Valeiros e, Deputación.

CENTRO 2: Portarraxoi, San Lois, Miguéns Parrado.

INFESTA: Rúa Borobó.

SAN XULIÁN: O Castro, Rúa das Mimosas (cruce coa Rúa Ullán).

A TOXA / CARREIRAS: Pista da Barosa (paralela á autoestrada AP-9).

CONDIDE / COUTO: Baixada do Mirador da Galiñeira polo Barrio de Condide ata a Pista do Regadío, Paxareira.

CENTRO 3: Praza de Pontevedra, Portarraxoi, San Lois e Plazuela (CHEGADA).


 

 

 

 

Máis sobre isto

5 comentarios

  1. caja no caldeiro

    A gardería aberta pola andaina, para que?, será para saudar as traballadoras sancionadas de empleo e sueldo xa que o concello pasa delas, porque vaise andar ou vaise de visita?
    Ludoteca? que ludoteca, sera para saudar as monitoras esas que meteu Roque, nada home Amigos de Galicia na andaina, e Amigas de Roque nas actividades do veran cobrando unha pasta, que concello temos

    Responder
  2. piris

    Boa idea isto da andaina. A ver que tal sae. Eu penso apuntarme

    Responder
  3. pulga

    Pareceme moi ben o da andaina. E unha boa forma de fomentar algun tipo de deporte. Ahora o da ludoteca pareceme un cachondeo. Ese día esta aberta para a andaina, e o restos dos días os nenos van previo pago de 50 ? mes. O de sempre os favoritismos ó descarado.

    Responder
  4. Cara de cona

    Pero que escandalo e este……..o da ludoteca ten a todo o mundo jodido…xente con titulacion no paro….e tres rapazas fillas das amigas de Roque para adentro……moito socialismo…moita igualdade…moita mariconada…pero o final hai que cumplir cos amigos…hai que pillar os votiños…hai que preparar sair outra vez para seguir cobrando….e abren ata o día da andaina de romeria esa…..se fora para javear unha leira non aparecia nin cristo….

    Responder
  5. elhombredelsaco

    O da ludoteca e unha verjuensa, collendo xente a dedo sen ningun tipo de formasion, e pagando 50 euros o mes!!! isto que é Cesures ou Madrid?
    asi vai o pueblo, 3 a chupar e os demais a chorar

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.