Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

A Comisión Informativa de Asuntos Xerais analiza hoxe a proposta de adxudicación da gardería municipal de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Hoxe venres 5 de xullo, ás 13 horas, reúnese na Casa do Concello de Pontecesures esta comisión informativa para tratar da proposta de adxudicación do servizo da Escola Infantil Municipal realizada pola mesa de contratación. Esta comisión está presidida por Roque L. Araújo Rey (PSdeG-PSOE) e tamén forman parte Cecilia Tarela e Margarita C. García Castro (BNG), Juan Manuel Vidal Seage (PP) e Flor Ferreirós Lema (IP).

Catro foron as empresas que se presentaron á licitación e logo da proposta que se emita por esta comisión será a Xunta de Goberno Local, formada só por concelleiros do goberno local, que acorde a adxudicación.

Máis sobre isto

1 comentario

  1. acorazado

    Unha anotación, ONDE COÃ?O ESTAN OS FOGUETES QUE SE IAN BOTAR HOXE VENRES CO MOTIVO DO COMENZO DAS FESTAS?
    Ou xa se desfixo a comision, porque si empezan as festas hoxe polo menos anuncialas ¿non?

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.