Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Reaparecen as cabuxas na Plazuela de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Sobre ás 19:30 horas da tarde de onte, 7 de agosto, dúas cabuxas procedentes dunha finca da zona apareceron na Plazuela para sorpresa de bastantes nenos e maiores que estaban no adro da igrexa e na propia praza. Paparon as poucas prantas que tiñan as xardiñeiras preto dos bancos e foron retiradas a continuación. Xa hai costume porque isto xa ocorreu outras veces e a xente tomou o feito anecdótico con humor.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.