Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

A Fundación Rosalía pecha o 150 aniversario de Cantares Gallegos.

Por Redacción ·

A Fundación Rosalía de Castro de Padrón pecha o luns, 24 de febreiro, data do nacemento da escritora, a celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos e faino coa presentación do proxecto de edición de «De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI», feito en colaboración coa radio autonómica. Será as sete da tarde no auditorio da Casa-Museo de A Matanza, en Padrón.

Tamén fará unha ofrenda floral na Alameda de Santiago, en colaboración con este Concello e unha acción colectiva en Internet. Trátase dun selfie ou autorretrato con calquera motivo relacionado con Rosalía, para compartir nas redes sociais.

La Voz de Galicia

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.