Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

O CPI Pontecesures acolleu unha charla sobre os riscos das novas tecnoloxías.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

foto charla perigos internet

Os alumnos de secundaria do CPI Pontecesures, recibiron unha charla da Garda Civil sobre os perigos do ciberacoso en Internet e a través das novas tecnoloxías. Esta actividade formativa enmárcase dentro do chamado â??Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad Escolarâ?�, desenvolvido pola Garda Civil.

A xornada, impartida por un especialista da brigada de delitos telemáticos do Instituto Armado, ofreceu consellos sobre cómo facer un uso responsable de internet. Durante a sesión os alumnos comprobaron a importancia de prestar atención á información que se comparte nas redes sociais e navegar na rede de xeito seguro.

Repasáronse os problemas máis frecuentes neste ámbito, como as relación con descoñecidos e as súas posibles consecuencias, a través de redes sociais e o acoso que se pode sufrir entre menores, empregando os recursos tecnolóxicos dos móviles con cámara e internet.

 

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.