O PROGRAMA DE DINAMIZACIÃ?N DA LECTURA â??LER CONTA MOITOâ?� VOLVE DE NOVO Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PONTECESURES.
O programa LER CONTA MOITO, de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas públicas de Galícia en colaboración cos concellos, vén de novo a Pontecesures. Deste xeito, coincidindo coa semán previa ao día das Letras Galegas, levaránse a cabo durante o mes de maio as seguintes actividades de lectura deste programa na Biblioteca Municipal de Pontecesures:
O luns 11 de maio: â??Intresâ?� da compañía O sono do rato, dirixida a alumnos de educación infantil.
O martes 12 de maio: â??A ciencia é divertidaâ?� da compañía Nita, dirixida aos nenos/as da Escola Infantil Municipal (0-3 anos).
O mércores 13 de maio: â??Contos susurrados (Ã?rase unha vez)â?� de Fátima Fernández, dirixida a alumnos de 5º e 6º de primaria.
O xoves 14 de maio: â??Contos do mundoâ?� de Solidaridade Internacional, dirixida a alumnos de 3º e 4º de primaria.
O venres 15 de maio: â??Conto contigoâ?� de Expresión producións, dirixida a alumnos de 1º e 2º de primaria.
Estas actividades realizaránse en horario de mañán en coordinación co CPI de Pontecesures.
