Renovación de contenedores para Serra do Barbanza .
A mancomunidade investirá 120.000 euros en adquirir 686 novos colectores.
A Mancomunidade Serra do Barbanza vai investir 119.962 euros na renovación do seu parque de colectores para o servizo de recollida selectiva de residuos sólidos urbanos. Un investimento que conta dunha axuda de 89.972 euros da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, que a través do Fondo de Compensación Ambiental permitirá financiar o 75% do total da cuantía.
A presidenta da Mancomunidade Serra do Barbanza, Teresa Villaverde, agradece a extraordinaria colaboración da Vicepresidencia, â??que nos concedeu a axuda máxima posible para este proxecto a través do Fondo de Compensación Ambientalâ?�.
Unha achega que permitirá a adquisición de 686 colectores de lixo para todos os municipios que forman parte da mancomunidade. â??Estes novos colectores permitirán substituír aos que presentan deficiencias e que os concellos cumpramos o compromiso de repoñer os colectores deteriorados aos 10 anos do acordo coa empresa que xestiona a planta de Serviaâ?�, explica Villaverde.
El Correo Gallego