Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

Terra Galega non participará en ningunha plataforma de cara ás eleccións xerais do 20-D se non se constitúe unha candidatura galega de unidade popular.

Por Redacción ·

fojo

O secretario xeral de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, asegurou que o partido â??apoiará á forza política que defenda os intereses dos galegos e galegasâ?�.

O secretario xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou que o partido non formará parte de ningunha das plataformas políticas creadas para concorrer ás eleccións xerais do vindeiro 20 de decembro se non se constitúe unha candidatura galega unitaria. Así o acordou a formación tralas reunións mantidas nas últimas semanas con representantes dalgunhas desas plataformas. Sánchez Fojo incidiu en que â??Terra Galega apoiará nos comicios xerais á forza política que defenda os intereses da nosa terra, Galicia, que necesita ter un grupo parlamentario propioâ?�.

A dirección de Terra Galega agradece á plataforma Iniciativa pola Unión as invitacións realizadas tanto a TEGA como a outros partidos para participar abertamente nas xuntanzas mantidas â??sen dirixirnos nin tapadeirasâ?�. Así mesmo, e respecto doutras formacións, Sánchez Fojo asegurou que â??non esperabamos a postura da plataforma Encontro Cidadán por unha Marea Galega, ao non invitar a ningunha forza galega que non teña representación no parlamento autonómico, porque para Terra Galega isto non é apostar por eses lazos de unidade que tanto esperan os galegos e galegasâ?�.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.