Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Unha boa parte do alumeado público do peirao de Pontecesures está apagado dende hai semanas.

Por Redacción ·

Dende a curva do Telleiro ata a rampla do varadoiro continúa inoperativo o alumeado público no peirao de Pontecesures. Non alumean nin as farolas do paseo marítimo nin as luminarias altas dos báculos situados na estrada. Ã? unha zona concorrida por moitos veciños (especialmente nos festivos que se aveciñan) e ademais hai unha explanada ocupada por camións que transportan e distribuen produtos da factoría de NESTLÃ? situada na zona. Os condutores dos vehículos mostran a súa estrañeza pola falla do alumeado con que conta a zona incidindo no problema de seguridade que ocasiona esta deficiencia.

Se está a dar unha imaxe lamentable do municipio por parte das administracións. Nin Portos de Galicia nin o Concello de Pontecesures son quen de que se acometa a reparación deste alumeado. Algo realmente triste.

Máis sobre isto

1 comentario

  1. Tatavexo

    Toda a razón ten o exposto, abandono absoluto no muelle e en todo o pobo, nin portos, nin goberno local, merda e ruido de empresas, baches, charcos no terreo de Valga sempre…hai que emigrar

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.