Alumnos padroneses sorprenden cun proxecto de empresa de bicicletas.

Publicado por Redacción o

O proxecto xurdiu nun obradoiro de iniciativa emprendedora.

bimas

Para a presentación do proxecto, un dos alumnos levou unha bicicleta ao salón de actos.

Como se de auténticos xoves emprendedores se tratase, o alumnado de cuarto curso de Educación Secundaria do Instituto Macías O Namorado de Padrón presentou días atrás a idea empresarial que desenrolaron tras participar nun Obradoiro de Iniciativa Emprendedora (OIE).

Para a parte práctica, o alumnado creou unha empresa on-line dedicada á reciclaxe, personalización e venda de pezas para bicicletas. Na convocatoria de prensa do acto non se especificaba a idade do alumnado polo que, vendo a presentación seria e con ilusión da iniciativa empresarial, a que lle puxeron o nome de Bicivai, custaba crer que esa empresa fose «ficticia».

Así, o alumnado presentou a páxina web da empresa, en construción, segundo dixo, un vídeo promocional da mesma feito nas instalacións do instituto padronés e durante una saída en bicicleta con alumnos e profesores; e ata un lema: «Respira, vive, pedalea». Todo moi ben vendido baixo a idea de recuperar as bicicletas «esquecidas no garaxe» e convertelas como compañeiras de vida, fronte ao «sedentarismo», explicaron os rapaces.

«Moverse para vivir sobre rodas» ou «nos poñemos a bici na túa vida» son algunhas das frases coas que estes futuros emprendedores tratan de captar a clientela para a súa empresa ficticia.

Para o final reservaron o que chamaron resucitador, para amañar bicicletas vellas (ata levaron unha ao salón de actos do instituto); o personalizador, para facer bicicletas ao gusto do consumidor a partir das pezas seleccionadas da páxina web. Lección aprendida; o taller cundeu.

La Voz de Galicia


2 comentarios

O carallo · 6-05-2016 ás 08:59

Pfff… Parece mentira que periodistas titulados non entendan a diferencia entre desenrolar e desenvolver… E mentres, moita xente mellor cualificada, nas listas do paro… La Coz de Galicia…

outro · 6-05-2016 ás 19:57

Certamente sería desexable que os periodistas tiveran un pouquiño de “aquelo” cando escriben. Pero tampouco deben estrañar moito erros como ese. ? de supoñer que o redactor/a ten certa idade e ten interiorizados aqueles tempos pre-normativa nos que desenrolar empregábase no sentido de “desarrollar”. En todo caso, non é cousa de demonizar estas expresións que vemos todos os días na prensa tamén en castelán (e dos políticos, dun e doutro bando, mellor nin falar).

Deixa una resposta a outro Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.