Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

SERVIZO MUNICIPAL DE RECOLLIDA PORTA A PORTA DE APARELLOS ELECTRÃ?NICOS E ESCOMBROS DE PEQUENAS OBRAS DOMÃ?STICAS.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

RAEE

Infórmase que o Concello de Pontecesures ven de asinar u convenio de colaboración coa Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza para a execución compartida do servizo de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e escombros de pequeñas obras domésticas.

A recollida efectuarase sempre o 1º xoves de cada mes. Calquer veciño que desexe que pasen polo seu domicilio a recoller ou ben RAEE ou escombros domésticos (pequenas cantidades de obras domésticas) deberá chamar ás oficinas municipais do concello ao teléfono 986 557 125  e indicar os seus datos (nome, DNI, dirección de recollida e tipo de residuos (RAEE ou escombros)). Posteriormente, cada primeiro xoves de mes, pasarán operarios do servizo de recollida para proceder á retirada dos devanditos residuos dos domicilios que o soliciten.

Así mesmo, recordase que os RAEE non poden ser depositados na rúa.

O SERVIZO COMEZARÁ A FUNCIONAR REGULARMENTE O XOVES 1 DE SETEMBRO, PERO, FARÁSE UNHA PRIMEIRA RECOLLIDA PARA POÃ?ER EN MARCHA ESTE SERVIZO O XOVES 25 DE AGOSTO.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.