TRÁFICO DE VEHÍCULOS RESTRINXIDO, NOS VINDEIROS DÍAS, DEBIDO AS OBRAS DE “REURBANIZACIÃ?N DOS NÃ?CLEOS DA TOXA E CARREIRAS”.
Como consecuencia das obras de â??Reurbanización dos núcleos de Toxa e Carreirasâ?�, comunícase que para levar a cabo as mesmas coa maior prontitude, é imprescindible proceder a cortar o paso de vehículos (excepto residentes) nas zonas que se indican no plano adxunto (A Toxa e Carreiras).
Este corte de tráfico comezará en breve e durará os días necesarios para poder rematar as obras, que intentaremos que sexan os menos posibles. A empresa adxudicataria tamén irá poñéndose en contacto cos titulares das vivendas para minimizar as incomodidades que vaian xurdindo.
Dende o goberno municipal lamentamos as molestias que se poidan ocasionar pola realización destas obras, cuxa finalidade é mellorar o servizo de saneamento e o pavimento dos viais existentes nos referidos núcleos de poboación, e como consecuencia beneficiar aos veciños e veciñas da zona.
Reiteranse as desculpas e agradecese a colaboración da veciñanza.
Plano da zona afectada polas restricións de circulación de vehículos.
