Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

ACTIVIDADES OUTONO 2016 EN PONTECESURES.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

cartel-outono-2016redux

â??Tecendo polo Cambioâ?�

Encontros para aprender e tecer unha obra conxunta ao tempo que se debate e acto de â??yarnbombingâ?�. Dirixido a mulleres e homes de tódalas idades.

Prazo de inscrición ata o 16 de novembro, nas oficinas municipais.

Desenvolvemento: Os venres 18 e 25 de novembro, e o 2 e 9 de decembro no semisoto da Casa do Concello, de 18.00 a 20.00 horas.

Acto de YARNBOMBING: Venres 9 de decembro.

 

Conmemoración  25N

Actividade conmemorativa do Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero (acto institucional).

Sábado 26 de novembro ás 18.30 horas na Plazuela.

 

â??África. Soños e Mentirasâ?�

Exposición fotográfica que forma parte do proxecto Causas Comúns, de sensibilización sobre o incumprimento dos Dereitos Humanos tanto en África como en Europa (aspectos como a vivenda, o traballo, a alimentación ou a xustiza).

Dende o 2 ata o 26 de decembro no Salón de Plenos da Casa do Concello, de 9.00 a 14.00 horas.

 

Exposición de pintura

Exposición de pintura (óleo, acuarela…) . Aberto á colaboración veciñal, calquera persoa pode achegar a súa obra para expoñela.

Dende o 2 de decembro ata o 10 de xaneiro na Casa do Concello, de 9.00 a 14.00 horas.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.