Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

ACTO DE DESPEDIDA DO ALCALDE DE PONTECESURES ÁS DÃ?AS NENAS SAHARAUIS QUE ESTIVERON ESTE VERÁN EN PONTECESURES AO ABEIRO DO PROGRAMA â??VACACIÃ?NS EN PAZâ?�.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

No día de onte o alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, recibíu na Casa do Concello ás dúas nenas saharauis que logo de pasar este verán acollidas con dúas familias de Pontecesures dentro do programa â??vacacións en pazâ?�, teñen que partir novamente ao seu lugar de procedencia.

Nun acto moi distendido, o alcalde recibíu a Jadiya Mahfud Alal e a Fatimetu Said Isawi no salón de plenos da Casa do Concello e no propio despacho da alcaldía. Entre sorrisos o alcalde entregoulles sendos agasallos para que recorden a súa estancia en Pontecesures.

Recordase que o programa â??vacacións en pazâ?�, promovido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) permite que nenas/as sasharauis teñan a posibilidade de fuxir das altas temperaturas do deserto, someterse a revisións médicas e contar cunha boa alimentación durante dous meses no verán.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.