Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Instaladas luminarias novas na ponte interprovincial.

Por Redacción ·

A Demarcación de Estradas do Estado do Ministerio de Fomento ven de colocar luminarias led nas farolas da ponte romana sobre o rio Ulla (N-550). A actuación era moi necesaria pois nos últimos tempos estaban afundidas a maioría das luminarias con riscos para peóns e condutores.

Máis sobre isto

4 comentarios

  1. Xose

    De novas nada, o unico que fixeron foi sustituir as lámpadas por unhas con tecnoloxía “led” e
    que son moito mais grandes que o farol , sobresaen por debaixo un cachazo ,unha chapuza.

    Responder
  2. Redacción Redacción

    Como di a nova instaláronse luminarias novas, non farolas novas. Era importante eliminar os riscos porque case todos os puntos de luz estaban afundidos. Parece que ser que máis adiante van cambiar tamén as farolas.

    Responder
  3. Marta

    Pois onte estaban todas apagadas e antonte igual.
    Vaya chapuza fixeron

    Responder
  4. Redacción Redacción

    Efectivamente, houbo noites co alumeado inoperativo na ponte interprovincial. Xa foi comunicada a deficiencia ao Servizo Provincial de Estradas do Estado e haberá que estar insistindo.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.