Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Retomáronse as obras da pista do peirao.

Por Redacción ·

No día de onte retomáronse de novo as obras na pista polideportiva a carón do peirao. Adxudicadas á empresa Zona de Obra, consisten en unha renovación do pavimento existente con resinas epoxi e acrílicas e o marcado das liñas das pistas deportivas. Tanto a nova pista de pádel coma o resto da instalación estaría rematada, se as condicións climatolóxicas o permiten, a vindeira semana.

Concello de Pontecesures

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.