ERI en Nestlé: traballadores de Pontecesures seguen mobilizados

Publicado por Plumilla o

Centos de traballadores e veciños de Pontecesures mantiveron esta semana as concentracións fronte á fábrica de Nestlé contra o ERE que suporá 27 despedidos.

As manifestacións seguiron co lema “non somos números, somos familias” e contaron co apoio do Concello de Pontecesures. O Comité de Empresa advertiu que se Nestlé non rectifica, continuarán as mobilizacións.

A alcaldesa Maite Tocino lembrou que Nestlé é “unha empresa histórica” na vila, instalada en 1939, e que estes despedimentos afectarán non só aos traballadores senón á economía local e de proveedores.

Os traballadores expresaron medo e incerteza, con ameazas de paralizacións se non hai solucións. O próximo 6 de xuño coñeceranse os nomes e condicións dos despedidos.

A dirección de Nestlé asegura que o ERE non responde a causas económicas, senón a “falta de sustentabilidade do modelo de negocio a medio prazo”.

Fonte: La Voz de Galicia, Diario de Arousa

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.